HomeA CoruñaA CoruñaIntelixencia Artificial, recreacións históricas e teatro ao pé da Torre de Hércules...

Intelixencia Artificial, recreacións históricas e teatro ao pé da Torre de Hércules para celebrar o seu 16º aniversario como Patrimonio Mundial

- Anuncio -spot_img

Este venres, 27 de xuño, o faro iluminarase de azul con motivo do seu aniversario

Este venres, 27 de xuño, a Torre de Hércules celebrará o seu 16º aniversario como Patrimonio Mundial pola UNESCO. Con motivo desta efeméride, o Goberno de Inés Rey deseñou unha programación cultural que reforza A Coruña como cidade histórica.

Durante a madrugada do 27, o faro romano máis antigo do mundo que aínda está en funcionamento iluminarase de azul, unha acción que dará paso a unha fin de semana onde as recreacións sobre os mundos civil e militar romanos adquirirán un gran protagonismo.

Esta actividade, tamén coñecida como Ave Crunia, está organizada polas asociacións culturais Gallaecia Viva e Royal Green Jackets.

Os primeiros actuarán o sábado 28 durante toda a xornada, de 11:30 a 21:00 horas. En total serán 32 os recreacionistas que mostrarán ao público asistente a vida cotiá en Roma a través de xogos, obradoiros e mesmo unha loita de gladiadores. Por outra banda, dez participantes dos Royal Green Jackets interactuarán cos asistentes instalando un campamento militar romano con roldas de lexionarios e con actividades dinámicas para os máis pequenos. Tamén recrearán o Século de Ouro. Neste caso, a asociación desenvolverá ou seu traballo o sábado 28 de 11:30 a 21:00 e o domingo só de mañá e a partir das 11:30 horas.

Por suposto, non faltará o teatro ao pé da Torre. Noite Bohemia realizará o sábado, a partir das 18:00 horas, un roteiro pola contorna do faro para facer un percorrido desde o pasado ata o século XXI, cando a Torre se converteu en Patrimonio Mundial. Ás 21:00 horas, na rotonda de Breogán, encandearán ao público con Electra, de Sófocles.

Por outra banda, Corzo Producciones tamén elevará o teatro este sábado nas escaleiras da Torre. Farao con Anfitrión, de Plauto, ás 17:00 horas.

Arte e Intelixencia Artificial na Torre de Hércules

A programación cultural para celebrar o 16º aniversario da Torre de Hércules como Patrimonio non remata en xuño. Do 15 de xullo ao 31 de agosto, o interior deste faro milenario acollerá Everthing Flows, Nothing Dies do artista dixital Maotik. Co comisariado de Hito Cultura e Tecnoloxía, Maotik traerá á Torre unha iniciativa artística coa que reafirmar o emblema da cidade como espazo patrimonio de vangarda a través do uso da luz e das linguaxes artísticas.

A performance Everithing Flows, Nothing Dies contará con pantallas como soporte que xogarán coa luz como elemento inmutable dentro dun mundo hiperconectado e partindo da dinámica do oceáno Atlántico para crear imaxes autoxenerativas a través de IA.

Publicacións Relacionadas