Os principais serán na rúa de Mende e na rúa de Santomé
A carreira Oira – San Tomé do circuíto popular Correndo por Ourense ocasionará cortes e restricións de tráfico na cidade pasado mañá, domingo, 29 de xuño, pola mañá.
A actividade, que organiza o Consello Municipal de Deportes, comezará ás 10.00 horas, con saída desde Oira e percorrido pola pasarela de Oira, a pasarela do río Loña, Parque Loña, Ponte da Loña, estrada de Mende, IES de Mende, Verea Vella, Santomé e regreso a Oira polo mesmo itinerario.
O dispositivo de tráfico afectará de forma importante á circulación desde as 10.00h. Os principais cortes de tráfico serán na rúa de Mende desde a rúa dos Laranxos até Alfonso Rodriguez Castelao, e na rúa de Santomé até o cruzamento coa estrada a Pereira (Castro de Santomé)
Tamén a causa desta carreira, entre as 10 e as 12.30 h, os autobuses urbanos da liña 9: Mende – Residencia, farán cabeceira na estrada de Ponferrada (Rotonda da rúa da Rabaza).