HomeDeputaciónsDeputación OurenseLuis Menor enxalza o labor dos adestradores de fútbol en Ourense: “Sodes...

Luis Menor enxalza o labor dos adestradores de fútbol en Ourense: “Sodes os referentes dos valores deportivos”

- Anuncio -spot_img

O presidente provincial participou no acto de fin de tempada organizado pola Asociación de Adestradores Afiador, e tivo una lembranza para o seu fundador, o añorado Luis Soria, falecido hai 3 anos

O presidente provincial, Luis Menor, participou esta tarde no acto de fin de tempada organizado pola Asociación Provincial de Adestradores de Fútbol de Ourense, Afiador. Este colectivo, presidido na actualidade por Roberto González, foi fundado hai 34 anos por Luis Soria, falecido en 2022 e para o que Menor tivo un sentido recordo. Actualmente, Afiador conta con 250 socios.

Luis Menor quixo enxalzar o labor dos adestradores de fútbol, tanto pola súa vocación como pola dedicación á formación e adestramento de deportistas: “Sodes os referentes dos valores deportivos dos nosos nenos e nenas”. Precisamente, Menor recalcou que un dos eixos de goberno da Deputación é o fomento do deporte base, “pois somos perfectamente conscientes da importancia da práctica deportiva na nosa sociedade”.

No acto organizado por Afiador, Luis Menor fíxolle entrega dun dos galardóns a Antonio Parrilla Suárez, adestrador do CDC Pereiro, campión de 3ª Futgal Infantil.

Publicacións Relacionadas