Irán ao pleno do 4 de xullo, xunto coa modificación do regulamento do Consello Municipal de Servizos Sociais e a ordenanza de veladores
A Comisión de Pleno do Concello de Ourense ditaminou favorablemente na súa sesión desta mañá 3 propostas de acordo que serán presentadas a aprobación no próximo pleno ordinario do Concello, que se desenvolverá o vindeiro venres, 4 de xullo:
- Ordenanza reguladora das Zonas de Baixas Emisións do municipio de Ourense. Resolución de emendas e aprobación inicial
- Ordenanza de Protección contra a Contaminación Acústica do Concello de Ourense. Resolución de emendas e aprobación inicial.
- Modificación do Regulamento do Consello Municipal de Servizos Sociais. Resolución de emendas e aprobación inicial.
As propostas foron ditaminadas cos votos a favor do grupo de goberno municipal. Na sesión do día 4 de xullo tamén se tratará a ordenanza de veladores, que xa fora ditaminada previamente pola comisión de pleno.