HomeOurenseO Concello axusta os horarios das liñas 1, 3 e 33 dos...

O Concello axusta os horarios das liñas 1, 3 e 33 dos autobuses urbanos para garantir a puntualidade do servizo

- Anuncio -spot_img

O Concello de Ourense axustará desde o vindeiro luns, día 30 de xuño, os horarios das liñas de autobuses urbanos número 1: Seixalbo – Quintela / Seixalbo – Santa Cruz,  3: Rairo – Quintela, e 33: Quintela – O Cumial, para garantir a puntualidade das súas rutas.

O goberno municipal ten previsto levar a cabo cambios nas liñas do servizo de autobuses este verán. Porén, mentres estes non se levan a cabo, é necesario establecer axustes para garantir a puntualidade das rutas destas 3 liñas: “non podemos permitir retrasos que historicamente se estaban producindo no servizo de autobuses simplemente porque os tempos estaban mal calculados. Se os horarios están calculados á baixa, sempre vas chegar tarde”, explica o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome. Por este motivo, engade, “o que facemos é axustarnos á realidade: fanse horarios reais e iso significa que os autobuses serán puntuais”.

Ademais, con estes cambios, a localidade de Quintela terá un autobús cada 20 minutos.

Publicacións Relacionadas