- O obradoiro encáixase dentro das actividades do V Ciclo Medioambiental Sostendo o Futuro da Guarda
O Concello da Guarda continúa co seu V Ciclo Medioambiental Sostendo o Futuro. Esta segunda actividade trátase dun obradoiro de cociña consciente.
Nesta sesión ensinarase aos participantes a aproveitar ao máximo os ingrediente e evitar botar comida ou alimentos fóra. Deste xeito, quéreselle sacar todo o proveito aos produtos da horta, sobre todo, agora, coa chegada de gran cantidade de froitas e verduras.
O obradoiro será de balde e realizarase o próximo sábado 12 de xullo no Centro Cultural da Guarda. Para máis información o inscribirse, hai que enviar un correo electrónico a medioambiente@aguarda.es .