HomePontevedraAs limpezas integrais do novo contrato de residuos trasládanse ao barrio da...

As limpezas integrais do novo contrato de residuos trasládanse ao barrio da Parda

- Anuncio -spot_img

Logo de ter rematado no ámbito da capela de San Roque e da desembocadura do río Gafos, trasládase coa “mesma intensidade” ao barrio da Parda, onde permanecerá até que estea en perfecto estado.

O concelleiro de Servizos urbanos básicos, Xaquín Moreda visitou o despregue das limpezas integrais da cidade no barrio da Parda, a onde se trasladaban esta mañá. Logo de ter rematado no barrio de San Roque (dende a desembocadura do Gafos até a contorna da praza de Touros), estas primeiras limpezas xerais adscritas ao novo contrato de xestión de residuos, comezan na Parda “coa mesma intensidade que se fixeron na súa primeira actuación”, indicou Xaquín Moreda.

O concelleiro explicou que se limpará Virxinia Pereira Renda, Maruxa Mallo e as súas perpendiculares, as rúas dos Soutos, dos Montes, As Devesas ou Losada Diéguez, Bacelar e Rafael Dieste. Será cos mesmos equipos que en San Roque tanto humanos como mecánicos: limpezas a pé, rozas, chorreos de beirarrúas, limpeza de calzadas, baldeos e varridos, limpeza de escavas de árbores… cun equipo que oscilará entre 8 e 10 persoas.

Ao igual que no ámbito de San Roque, a limpeza non terá unha duración determinada senón que o propósito é deixar o ámbito en perfecto estado e non deixarán o barrio até que se remate.

Publicacións Relacionadas