HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuis López suma a Deputación no desafío que apela a toda a...

Luis López suma a Deputación no desafío que apela a toda a sociedade contra o narcotráfico e o consumo de sustancias

- Anuncio -spot_img

A Deputación de Pontevedra une forzas coa Fundación Galega Contra o Narcotráfico nun acto no Pazo provincial no que se deu lectura a un manifesto contra o consumo e tráfico de drogas e ao que asistiron representantes de todas as Administracións e do eido social

“O consumo de drogas non é inocuo, dana desde a primeira dose desembocando en moitas ocasións no drama da adicción, con repercusións sobre a saúde física e mental das persoas. É tempo de realizar un aposta decidida pola Prevención”, afirma López

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, sostén que “é urxente reaccionar” ante o problema que supoñen as drogas, tanto o seu consumo como as consecuencias do narcotráfico, para “comunidades, como a galega, e provincias, como a nosa, que desgraciadamente coñecen moi de preto ambos. O mandatario provincial, xunto co presidente da Fundación Galega Contra o Narcotráfico, Manuel Couceiro, leu o manifesto co que a Deputación conmemorou o Día Internacional Contra a Droga.

O acto, celebrado ás portas do Pazo provincial, contou coa asistencia do vicepresidente provincial Rafa Domínguez e outros membros do goberno provincial. Tamén asistiu o subdelegado do Goberno, Abel Losada, así como edís da corporación do Concello de Pontevedra, representantes da Xunta de Galicia, cargos da Policía Nacional e da Garda Civil e integrantes da Fundación Galega Contra o Narcotráfico (FGCN) e outras entidades do eido social da provincia. Ademais da lectura compartida do manifesto entre López e Couceiro, a xornada contou cunha intervención poética a cargo da poeta Lorena Conde e o violonchelista Guillermo Alzugaray, que rematou coa sinatura simbólica de todos os asistentes nun mural contra as drogas.

“Debemos reflexionar como sociedade porque en determinados ámbitos é común o pensamento de que consumir drogas ‘non é tan grave’, é divertido e ademais, ‘non pasa nada’. Construímos un erro colosal ao redor destas crenzas que debemos empezar a resolver de maneira urxente. Porque a realidade é moi distinta, o consumo de drogas non é inocuo, dana desde a primeira dose, desembocando en moitas ocasións no drama da adicción, con repercusións evidentes sobre a saúde física e mental das persoas, danos que poden ser moi severos e que esnaquizan vidas”, defendeu o presidente Luis López, quen puxo tamén o foco nas adiccións sen substancia, como o xogo, os móbiles ou as redes sociais que “en moitos casos están estreitamente relacionadas co consumo das drogas clásicas e asociadas a comportamentos perigosos como situacións de acoso escolar, abuso sexual e violencia de xénero, entre outros”.

Pola súa banda, o presidente da FGCN fixo fincapé na presencia destas substancias nocivas na sociedade. “Os índices de tráfico de drogas están nos rexistros máis altos da historia e en España conflúen grandes roteiros internacionais de tráfico de drogas con destino a Europa”, denunciou Couceiro para reclamar “o reforzo dos medios á disposición de Forzas de Seguridade e da Xustiza e con cambios lexislativos”.

“Neste contexto resulta evidente que non podemos limitarnos a reflexionar. É urxente reaccionar, empezando por asegurar as mellores condicións para o tratamento, a asistencia e a reintegración social das persoas adictas. Unha reacción que nos chama a todos porque o problema aféctanos a todos. É tempo de realizar un aposta decidida pola prevención, como sinala Nacións Unidas neste Día Internacional”, concluíu o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López.

Publicacións Relacionadas