HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLete Lasa destaca o bo momento do automobilismo galego na presentación do...

Lete Lasa destaca o bo momento do automobilismo galego na presentación do Rallye Rías Baixas tras a vitoria de Javier Pardo en Ourense

- Anuncio -spot_img

_Destaca o “traballo e a excelente organización” da Escudaría Rías Baixas na produción dun rally que naceu hai xa 72 anos, en 1963, e no que este ano a Xunta redobrou os seus esforzos aumentando o seu patrocinio nun 60%

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na mañá de hoxe na presentación do 58º Rally Recalvi Rías Baixas que terá lugar do 5 ao 6 de xullo nos concellos de Vigo, Ponte Caldelas, Porriño, Gondomar, Nigrán e Salceda de Caselas. O mandatario galego destacou o bo momento do automobilismo galego tras a vitoria de Javier Pardo no Rally de Ourense, sendo o primeiro piloto da provincia en gañar na súa casa dende 1982, o que “alumea as nosas esperanzas de que un galego volva a gañar o nacional de rallys de asfalto, algo que non sucede dende que o conseguira Iván Ares en 2017”.

Lete Lasa destacou, ademais dos principais deportistas galegos do motor, a calidade das probas organizadas en Galicia como demostra contemos con dez probas nos calendarios nacionais. Neste sentido referiuse aos ralis de Carballo e Arteixo no Campionato de España de Autocross; o ECO Rallye da Coruña do Campionato de España de Enerxías Alternativas; o Rías Altas do Campionato de España de Vehículos Históricos; a Subida a Chantada do Campionato de España de Montaña; a Subida á Escusa na Copa de España de Montaña; o Rally de Terra de Galicia do Campionato de España de Rallys de Terra; o Cidade de Narón da Copa de España de Rallys de Asfalto; así como o Rallye de Ourense e este Rallye Rías Baixas que volven estar un ano máis, na proba máis importante do país, o Supercampionato de España de Rallyes.

O secretario xeral para o Deporte gabou o “traballo e a excelente organización” da Escudaría Rías Baixas na produción dun rally que naceu hai xa 72 anos, en 1963, e no que este ano a Xunta de Galicia redobrou os seus esforzos aumentando o seu patrocinio nun 60%. Eventos como o Rías Baixas, dixo, axudan ao aumento das licenzas deportivas que, dende 2009 aumentaron nun 35% pasando das 1.766 ás 2.388, sendo aínda máis significativo o aumento das femininas que xa chegan ás 319 cun incremento do 565%.

Publicacións Relacionadas