HomeO MorrazoBueuA Cultural Deportiva Beluso foi recibida no concello de Bueu

A Cultural Deportiva Beluso foi recibida no concello de Bueu

- Anuncio -spot_img
  • Félix Juncal, alcalde da vila,  destacou que “fixestes unha gran tempada, e por iso dende a corporación queremos felicitarvos por eses éxitos tanto a nivel deportivo como social, e que é froito dun traballo compartido de moitos anos”

O Concello de Bueu recibiu este xoves pola tarde ao equipo sénior da Cultural Deportiva Beluso, un acto que serviu para que o alcalde e diversos concelleiros e concelleiras da corporación municipal puideran trasladarlle ao club os parabéns polos éxitos deportivos da tempada 2024/2025. O club de Beluso, que este ano celebra o cincuenta aniversario da súa fundación, pelexou ata o final polo ascenso a Terceira RFEF aínda que finalmente non o conseguiu.

Félix Juncal, alcalde da vila, salientou que “fixestes unha gran tempada, e por iso dende a corporación queremos felicitarvos por eses éxitos tanto a nivel deportivo como social, e que é froito dun traballo compartido de moitos anos”. Juncal lembrou tamén o ambiente vivido no campo de fútbol de Laxes no último partido no que “era emocionante ver tanta xente gozando dese gran espectáculo”.

Os concelleiros e concelleiras da corporación, ademais de representantes do club, fixéronlles entrega aos deportistas dunhas medallas en lembranza deste día e dos éxitos acadados.

O equipo do Beluso homenaxeado está integrado por Rubén Barreiro Gago, Iván Bermúdez Molares, Santiago Bouzón García, Diego Cadabon Gutiérrez, Abraham Coello Vázquez, Alex Fernández Chapela, Darío Fernández Santomé, Pablo Freire Casado, Bruno García Ramírez, Iker González Chapela, Alejandro Jardi Álvarez, Jorge Millán Comedeiro, Raúl Ortube Curras, David Parada Juncal, Raúl Paredes Carballal, Marcos Pastoriza Rosales, David Portela González, Diego Pouseu Currás, Lope Quinteiro Pena, Joel Rocha Gandón, José Pablo Teijeira Santiago, Roi Casal Juncal, Xoel Otero González, Damian González Fernández, Xavi Santaclara Martínez, Ray Ogando Gándara. Como técnicos están Alexandro Fajardo Bernárdez, Rafael Piñeiro Villaverde, como delegado, Víctor Martínez Lemos e auxiliar, Alejandro Bermúdez Rodas.

O Concello de Bueu organiza habitualmente actos de recibimento cos clubs e colectivos co obxectivo de reivindicar os éxitos deportivos e o traballo na tempada.  

Publicacións Relacionadas