O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este venres na presentación do novo número da publicación Nodales, do Gremio de Mareantes de Pontevedra, coa que a institución provincial colabora na maquetación e impresión da revista. O vicepresidente sinalou o “inmensurable” legado do Gremio para a cidade de Pontevedra, “sen o cal non teriamos nin esa xoia do patrimonio arquitectónico que é a Basílica de Santa Maior a Maior, ou a primeira ponte da Barca, pero tamén polo voso labor diario protexendo as tradicións e garantindo o futuro da cidade e desta provincia extraordinaria”.
Rafa Domínguez destacou temas incluídos no número de Nodales, no que colaboran unha vintena de expertos e profesionais con reportaxes sobre o último alfolí da ribeira do Lérez, a arte do cerco, o cruceiro de Estribela ou as lendas sobre a ponte do Burgo. “Cada dous anos agardamos con paciencia esta publicación para coñecer máis a fondo a tradición mariñeira e outros asuntos da cidade”, sinalou o vicepresidente.