HomeXunta de GaliciaA Xunta avoga pola colaboración cos concellos para mellorar a calidade da...

A Xunta avoga pola colaboración cos concellos para mellorar a calidade da recollida selectiva de vidro

- Anuncio -spot_img
  • Salienta a posta en marcha da Oficina de economía circular municipal como exemplo do compromiso para acadar unha xestión máis eficiente
  • Pon en valor o traballo dos Sistemas Colectivos de Responsabilidade Ampliada do Produtor, como Ecovidrio, e indica que a xornada celebrada hoxe poder ser claves para deseñar novas formulas que contribúan a desenvolver un modelo máis eficiente

A Xunta de Galicia avoga pola colaboración cos concellos para mellorar a calidade e a eficiencia da recollida selectiva de vidro na Comunidade.

Segundo expuxo hoxe a directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidad, María José Echevarría, Galicia xa supera o obxectivo do 70% da taxa de reciclaxe marcado pola Unión Europea para 2025. De feito, o pasado ano 2024 recicláronse na Comunidade 47.000 toneladas de vidro, o que evitou a emisión de 36.900 toneladas de CO2 á atmosfera e a extracción de máis de 76.300 toneladas de materias primas. Ademais, no que atinxe á recollida selectiva, “Galicia está só a catro puntos do obxectivo establecido (70%)”, engadiu.

Con todo, a directora xeral incidiu na importancia de deseñar novas fórmulas que permitan o desenvolvemento dun modelo máis eficiente a través da análise de cal pode ser a mellor distribución de contedores en función de cada concello ou das necesidades da canle Horeca (hoteis, restaurantes e cafeterías). A maiores, “temos que detectar as causas polas que un cidadán de Santiago de Compostela deposita no contedor verde o dobre de vidro que un de Lugo -28,3 quilos por habitante fronte a 14,6-“, aseverou.

Nesa liña, Echevarría puxo en valor a posta en marcha por parte da Xunta da Oficina de economía circular municipal, que ofrece asesoramento técnico especializado aos concellos sobre a xestión dos residuos da súa competencia. Esta iniciativa, que ten un orzamento de 1,3 millóns de euros ata 2028, enmárcase no Plan de xestión de residuos municipais de Galicia 2030, que ten como obxectivo permitir que a Comunidade avance cara a un modelo de economía circular mediante un uso óptimo dos recursos e unha xestión o máis responsable posible.

A maiores da colaboración municipal, a directora xeral tamén puxo en valor o traballo dos Sistemas Colectivos de Responsabilidade Ampliada do Produtor (Scrap), como é o caso de Ecovidrio. De feito, indicou que iniciativas como a xornada celebrada hoxe son claves para deseñar novas formulas que contribúan a desenvolver un modelo máis eficiente. “A posta en común de ideas por parte de diferentes actores con diversas visións pode derivar en propostas fundamentadas e de consenso que supoñan un salto cuantitativo e cualitativo”, concluíu.

Publicacións Relacionadas