HomePontevedraO alcalde visita o proxecto Ostreares

O alcalde visita o proxecto Ostreares

- Anuncio -spot_img

Unha iniciativa, liderada polo CIMA, que conta coa participación da Federación Provincial de Confrarías de Pontevedra e da propia Confraría de Arcade  e que ten como fin recuperar a produción natural deste bivalvo na Enseada de San Simón.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, visitou nesta xornada o proxecto Ostreares que ten como obxectivo recuperar a actividade de aproveitamento marisqueiro dos bancos naturais de ostra autóctona na enseada de San Simón, na Ría de Vigo, da ostra histórica e autóctona de Arcade.

Manu Lourenzo quixo nesta xornada “agradecer o traballo do CIMA, da confraría e de todos os axentes implicados neste proxecto, é un proxecto que é ADN Arcade que pon en valor a nosa sinal de identidade, é algo absolutamente marabilloso ver como nos areeiros da nosa ría volven a crecer mostras que poidan ser o principio dun novo tempo onde a ostra volva a ser un produto referencial da nosa ría, un produto clave para Arcade, un produto que reúne unhas características inmellorables, pola mestura da auga doce e salgada, e que poida ser desfrutado por toda a veciñanza”.

A fama da ostra de Arcade ven dada pola existencia de bancos naturais, na Enseada de San Simón que, pola súa calidade, situaron no mapa a ostra de Arcade, pero que hai décadas que deixaron de existir, con este proxecto Ostreares, o obxectivo é estudar a recuperación destes bancos naturais, tan prolíferos noutros momentos da historia.

O proxecto tal e como indicou esta mañá Eduardo Pérez, asistencia técnica da confraría de Arcade,  este proxecto recolle unha serie de actuacións encamiñadas a incrementar o número reprodutores da ostra plana, que son estabulados nas estruturas que foron instaladas no proxecto PreOstreares, iniciado no 2023. Naquela primeira fase obtivéronse resultados moi satisfactorios polo que se continuou apostando por esta iniciativa, que se estenderá ata o ano 2027, xa que son necesarios varios anos para comprobar que a ostra logra reproducirse con éxito. 

Esta mañá o alcalde puido comprobar de primeira man o gran tamaño das ostras que se están cultivando no concello, e o de hoxe foi un día especial onde levaron pequenas crías para seguir o seu desenvolvemento na ría. O importante neste seguimento é ver se a ostra se fixan na zona e se reproducen. Un proxecto liderado polo CIMA (Centro de Investigación Mariñas) da Conselleria do Mar, e que conta coa colaboración da Federación Provincial de Confrarías de Pontevedra e da propia Confraría de Arcade.

Publicacións Relacionadas