HomeVigoNigránO concello de Nigrán celebra o 4 e 5 de xullo "Solpor...

O concello de Nigrán celebra o 4 e 5 de xullo “Solpor Monteferro” con concertos dos mellores grupos da comarca

- Anuncio -spot_img

Os protagonistas desta nova edición, que terá lugar desde as 19.00 horas e de xeito gratuíto, serán Los Wavy Gravies, Mambas Negras e Zalomon Grass na primeira xornada; e a Escola de Música Gain Over, A Polémica Banda dos Bechuchos, The Gotxos Party e DJ Viktor Flores na segunda

Como novidade, o Nigranbus realizará gratuítamente un percorrido circular de 19:00 a 00:00 horas desde a primeira rotonda do SAU de Monteferro ao miradoiro, e viceversaSerá un festival inclusivo no que as persoas xordas poden solicitar as mochilas vibratorias.

O festival co mellor escenario natural do mundo, ‘Solpor Monteferro’, regresa o 4 e 5 de xullo para abrir ao grande a programación estival do Concello de Nigrán. Os protagonistas desta nova edición, que terá lugar a partir das 19.00 horas e con entrada de balde, serán Los Wavy Gravies, Mambas Negras e Zalomon Grass na primeira xornada (venres); e a Escola de Música Gain Over, A Polémica Banda dos Bechuchos, The Gotxos Party e DJ Viktor Flores na segunda (sábado). Como novidade, o Nigranbus realizará gratuítamente un percorrido circular de 19:00 a 00:00 horas desde a primeira rotonda do SAU de Monteferro ao Monumento á Mariña, e viceversa. Coma habitualmente, será inclusivo e disporá de mochilas vibratorias para toda aquela persoa xorda que o solicite previamente no mail info@entresignos.com ou no whatsapp 690679675.

Tal como xurdíu en 2017, o obxectivo permanece inalterado: gozar ao aire libre nunha contorna privilexiada, no miradoiro de Monteferro, un escenario fronte ao Atlántico que regala vistas espectaculares. Neste enclave singular, diante das Illas Estelas, entre as caricias da brisa mariña e os aromas do mar e da montaña, a fermosa caída do sol ofrecerá unha oportunidade máis para vivir experiencias musicais inesquecibles grazas á música en directo de bandas consolidadas e con fonda raigame no municipio. Esta novena edición de ‘Solpor Monteferro’ está organizada directamente polo Concello de Nigrán coa colaboración económica da Deputación de Pontevedra a través da liña 2 do ‘Plan + Provincia’ e o patrocina a marca nigranesa Cervezas Banda, con sede en Porto do Molle, co apoio de Aqualia.

“A beleza da contorna de Monteferro ofrece cada ano unha experiencia musical marabillosa a un público moi diverso que é sempre fiel á cita, e ao mesmo tempo proporciona ás mellores bandas locais e emerxentes a oportunidade de desenvolver o seu traballo no mellor dos escenarios do mundo. Esta é a mellor imaxe que podemos trasmitir de Nigrán”, considera o alcalde, Juan González.

VENRES 4 DE XULLO

Los Wavy Gravies é unha banda formada por recoñecidos músicos da escena galega máis roqueira. Con antecedentes en bandas como ‘Los hijos bastardos de Peter Lorre’ ou ‘The Allnight Workers’, os irmáns ‘Rufus El guarro’ e Jorge Lorre montan un novo grupo en 2014, coa idea de facer dos seus concertos auténticas celebracións do Rock’n’Roll, onde o frat, o surf instrumental, o garage ou mesmo o punk teñen unha cita ineludible coa diversión e o sentido do humor. Para iso chaman a Ivan “Koko” Soutiño (Toxic Patrol, Breakin’ Bones, Pegas Negras…) ao contrabaixo. Desde entón estiveron tocando sen parar por toda Galicia e España, ademais de dúas xiras italianas coa axencia de booking Corner Soul. A principios do 2025 suman á guitarra ao seu deseñador de cabeceira, Rubén Xuárez (Foggy Mental Breakdown, High Serras, Family Folks…). Nos seus directos poderás atopar versións de grandes bandas, como The Sonics, Bo Diddley, Flamin’ Groovies ou Link Wray, ademais de temas propios instrumentais e vocais.

Mambas Negras é un quinteto da comarca no que participan grandes músicos galegos cunha ampla traxectoria, como Óscar Avendaño (The Bo Derek’s, Siniestro Total), Andres Cunha (Siniestro Total), Toño López (The Soul Jacket) ou o nigranés Mintxo Alejos. Xuntáronse para celebrar un repertorio formado por icónicas cancións das bandas sonoras das películas de Quentin Tarantino. Desde o baile de Uma Thurman e John Travolta ao ritmo do ‘You Never Can Tell’ de Chuck Berry en Pulp Fiction, ata a tórrida escena de Salma Hayek bailando cunha serpe en ‘Abierto hasta el amanecer’, Mambas Negras lévanche nunha viaxe sonora chea de nostalxia e emoción.

Zålomon Grass é un aclamado power trío da comarca de popularidade que traspasa as fronteiras españolas cun estilo que definen como ‘Cosmic Blues’ e que é alabado por público e crítica máis especializada, á que asombrou no lendario festival Montreux Jazz Festival en Suíza no 2023. Está composto polo nigranés Mauro Comesaña á batería, David Rodríguez ao baixo e Gabriel Mckenzie á guitarra e voz. Esta proposta sonora fusiona o Rock clásico da década de 1970 con toques de psicodelia e progresivo, creando unha experiencia musical envolvente e atemporal cunha base rítmica poderosa, guitarras vibrantes e melodías que convidan a viaxar. Ou seu terceiro disco, “Trouble in Estafe” (marzo de 2025), levaba ou seu son e composición a un nivel completamente novo de rock ‘n’ roll psicodélico, traspasando vos seus propios límites, a través de historias que bordean a desesperación, a loita social, ou empoderamento ou a meritocracia.

SÁBADO 5 DE XULLO

A Escola de Música Gain Over nace en Nigrán no ano 2013 para fomentar a cultura e a educación musical e favorecer a creación de grupos no Val Miñor. Desde entón, realizan actuacións e festivais cos grupos formados por alumnos da escola. Os combos son a seu mellor mostra diso, e de xurdiron bandas como os actuais The Know Strangers. En Solpor Monteferro participarán alumnado de 10 a 14 anos, primeiramente un trío e despois un cuarteto, todos liderados polo mestre Pablo Prego á guitarra e á voz.

A Polémica Banda dos Bechuchos xorde en 2005, cando un grupo de músicos con extensa traxectoria na banda Lira de San Miguel de Oia (Vigo) decide embarcarse nunha nova aventura tras o reto lanzado por un taberneiro baionés de sonada fama. A ecléctica formación musical dos seus compoñentes dá como resultado unha banda versátil, na que se funden desde o rock e o ska ata a música popular galega. Esta versatilidade reflíctese nun repertorio formado por versións de grandes clásicos de diferentes lugares e épocas, xunto con melodías populares da terra, axilmente encaixados, todo na procura dun ambiente de festa e diversión. Actualmente está formada por 8 músicos (voz, batería, guitarra, baixo, 2 trompetas, trombón e saxo), e evolucionou cara unha proposta única cunha potente sección de vento que achega a súa particular visión de melodías icónicas. Nos seus concertos, frenéticos, excitantes e ás veces mesmo exaltantes, buscan transmitir a paixón pola música, sempre coa intención de non deixar indiferente a ninguén.

The Gotxos Party é unha banda galega nada no Val Miñor a principios do 2000, que combina Punk Rock, Heavy e Ska Happy cunha dose xenerosa de boa onda, confeti e licor café. Cun LP autoeditado, Gotxolandia (2006), e numerosos festivais e festas ás súas costas, convertéronse nunha referencia do “Ska Happy” en Galicia. Tras un prolongado silencio, Pavi, Uge, Roi, Prego, Vilas, Gorka, Jorge e Birras regresan en 2025 co seu 20º aniversario, prometendo concertos explosivos, nostálxicos e festivos, cheos de irreverencia, honestidade e esa faísca que define o seu son. Se te perdiches a era dourada, este regreso é unha cita obrigada para coñecer a auténtica esencia do Val Miñor.

DJ Víktor Flores , DJ nigranés, é co-fundador do colectivo e Festival Sinsal (Vigo) e no 2003 foi seleccionado como o único artista español para a Red Bull Music Academy dese ano, que se celebrou en Ciudad do Cabo (Sudáfrica) e incorporándosedespois ao equipo de Marketing de Red Bull España (é licenciado en Ciencias da Información) e de 2011 a 2016 dirixíu o departamento de Cultura da marca en España. Desde 2018 traballa como consultor de Marketing e Cultura para diversas marcas e empresas, sendo programador musical de O Marisquiño e co-programador da sala Mondo Club, iniciando a súa carreira hai tres décadas no mítico Vademecum vigués.

Publicacións Relacionadas