HomePontevedraPontevedraO alcalde deséxalle longa vida a Trèves Galicia no seu 25 aniversario

O alcalde deséxalle longa vida a Trèves Galicia no seu 25 aniversario

- Anuncio -spot_img

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores acompañado do concelleiro de Urbanismo, Alberto Oubiña visitaron esta mañá a fábrica Trèves Galicia, situada no polígono do Campiño con motivo do seu 25 aniversario. En compañía da dirección da empresa e dos traballadores e traballadoras e das súas familias, estivo facendo un percorrido polos diferentes postos e espazos da fábrica, e dirixiu unhas palabras a todos os asistentes no día festivo da empresa, antes da actuación dos Coribantes.

O alcalde recordou que Trèves foi “a segunda empresa en instalarse no polígono do Campiño” logo dun proceso de captación de compañías por parte do Concello de Pontevedra xa que no ano 1999 soamente estaba Reyes Hermanos. Lembrou que Xestur vendía os terreos a 6.000 pesetas/m2 e o Concello financiou a compra con 1.000 pesetas/m2, e Tréves ocupa unha parcela de 12.000 m2. “Instalouse nun tempo récord porque se inaugurou en agosto de 2000”, indicou, e hoxe en día elabora interiores para oito vehículos diferentes.

Rematou a súa intervención desexándolle longa vida a Trèves Galicia, cando menos 25 anos máis.
O Concello ten en carteira un investimento de 1,5 millóns de euros para mellorar toda a rede viaria do polígono así como os pasos peonís, e tamén ten negociado con Xestur a ampliación do Campiño cara Marcón en máis de 300.000 metros cadrados.

Publicacións Relacionadas