HomeOurenseO RibeiroA Xunta destaca o Festival espírito Ribeiro como mostra da colaboración entre...

A Xunta destaca o Festival espírito Ribeiro como mostra da colaboración entre administracións a prol da difusión da artesanía de Galicia

- Anuncio -spot_img

― O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración visitou hoxe a V edición desta cita, que, como novidade este ano, cambia de formato rotando a actividade cada edición nun dos tres concellos organizadores, que son Castrelo de Miño, Cenlle e A Arnoia


― O Goberno galego apoia a participación nesta cita de profesionais da marca Artesanía de Galicia e a organización de obradoiros gratuítos e para todos os públicos de técnica de gyotaku e de estampación pictórica con vexetais


― González salientou o potencial da artesanía de Galicia como fonte de emprego e de emprendemento ligado ao territorio así como o compromiso do Goberno galego con este sector reflectido no Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, do director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e do director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, visitou esta tarde a V edición do festival de sabores, música, mercado e produto de proximidade Espírito do Ribeiro, organizado polos concellos de Castrelo de Miño, Cenlle e A Arnoia e onde estivo cos alcaldes destes municipios -Avelino Pazos, Rebeca Sotelo e Rodrigo Aparicio, respectivamente-.
Como novidade este ano o evento cambia de formato rotando a actividade cada ano nun destes tres concellos. Deste xeito, Castrelo de Miño acolle esta fin de semana a edición deste ano, a do 2026 será en Cenlle e a do 2027 na Arnoia. Neste sentido, José González sinalou que esta iniciativa é unha mostra da colaboración entre Administracións a prol da difusión de elementos patrimoniais como a Artesanía de Galicia.
Este festival combina a posta en valor do viño e do territorio vinculado á D.O. Ribeiro, coa divulgación do traballo de distintas artesás e artesáns de Artesanía de Galicia, a gastronomía co selo Artesanía Alimentaria e unha programación cultural para todos os públicos. Deste xeito busca revalorizar as tradicións e patrimonio do Ribeiro.
A través da Fundación Artesanía de Galicia, dependente da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, patrocínase a participación de seis profesionais da marca Artesanía de Galicia, que están presentes no festival como expositores e que son os ourensáns María Aba, Galifornia Dreaming, Pilarnia Arte, Luciérnaga e Bangus e Peixesapop, de Vigo.
Tamén se apoia a organización de dous obradoiros, un deles é de técnica de gyotaku e outro de estampación pictórica con vexetais impartidos polos artesáns María José Martínez e José María Carrera do Obradoiro Peixesapop. Estes talleres divulgativos son gratuítos e teñen como obxectivo achegar diferentes técnicas e procesos artesanais ao público infantil e adulto.
Aposta de Galicia pola artesanía
O apoio da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración a esta cita enmárcase na aposta do Goberno galego a prol da artesanía galega, como vertebradora do territorio. Nesta liña, o titular de Emprego, Comercio e Emigración salientou o compromiso do Goberno galego con este sector que é fonte de emprego, de desenvolvemento sustentable e de emprendemento ligado ao territorio e que ten un oco prioritario no vixente Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030. De feito, o plan abarca actuacións para garantir a súa competitividade e a remuda xeracional.
Esta folla de ruta tamén abarca actuacións pioneiras de comercio de atracción, como Vilas Vivas, da que se desenvolverá unha experiencia piloto en Ribadavia, concello que en decembro do ano pasado acolleu a iniciativa Artesanía, saber e sabor, que converteu o casco histórico de Ribadavia nun espazo comercial de produtos artesanais e agroalimentarios incluíndo tamén actividades culturais e obradoiros. Con Vilas Vivas búscase potenciar contornas comerciais de vilas senlleiras dando unha nova vida a baixos en desuso e estimular a afluencia de visitantes.

Publicacións Relacionadas