HomePontevedraBaixo MiñoTomiño alzou a voz por Palestina

Tomiño alzou a voz por Palestina

- Anuncio -spot_img

Centos de persoas achegáronse ao Espazo Fortaleza de Goián par para participar nun acto de repulsa polo xenocidio de Israel en Gaza

O acto rematou despregando un mosaico de letras xigante coa mensaxe ‘Stop Xenocidio’

Tomiño ergueuse contra a inxustiza e converteuse nun espazo de loita colectiva a prol dos dereitos humanos. Centos de persoas se achegaron este sábado ao Espazo Fortaleza de Goián para participar nun emotivo acto organizado polo Concello en colaboración con Baixo Miño con Palestina, un encontro no que veciñanza, colectivos e representantes institucionais amosaron a súa repulsa fronte ao xenocidio que o Estado de Israel está a cometer contra o pobo palestino en Gaza.

Durante o acto, as persoas asistentes puideron escoitar recitais poéticos, intervencións de representantes institucionais e do colectivo organización e pequenas pezas musicais acaída nunha proposta cargada de humanidade, dor e reivindicación. Como peche simbólico da xornada, despregouse un mosaico de letras xigantes coa mensaxe ‘Stop Xenocidio’, un berro colectivo pola vida, pola liberdade e pola paz.

A alcaldesa, Sandra González, sinalou que “desde Tomiño queremos ser altofalante da dignidade, da xustiza e da paz. Non podemos mirar cara a outro lado mentres se cometen atrocidades contra a poboación civil. Este acto é unha mostra clara do compromiso de tomiñeses e tomiñesas coa defensa dos dereitos fundamentais e co apoio aos pobos que sofren”.

Publicacións Relacionadas