HomeVigoNigránO Pavillón Municipal de Panxón acolle esta fin de semana a "II...

O Pavillón Municipal de Panxón acolle esta fin de semana a “II Feira de Antigüedades, coleccionismo e vintage”

- Anuncio -spot_img

O pleno servíu tamén para ratificar a prohibición de que os cans accedan ao ecosistema dunar de Praia América-Panxón

O Concello de Nigrán acolle esta fin de semana no Pavillón Municipal de Panxón a segunda feira de antiguidades, coleccionismo e vintage en horario de 10:00 a 14:30 e de 16:30 a 21:00 horas e con entrada libre.

Nos 1.200 m² de superficie estarán á venda milleiros de obxectos antigos, de decoración vintage (anos 60/70), entre elas porcelanas, lámpadas, libros, material militar, discos, selos, moedas, decoración rústica, xoguetes antigos, bixutería… Son máis de 30 expositores chegados de toda Galicia, León, Asturias, Pais Vasco, Santander e mesmo de Portugal. O evento está organizado pola Asociación Cultural Ferro Vello coa colaboración do Concello de Nigrán.

Publicacións Relacionadas