A mostra, exposta no museo municipal, fai un percorrido polas distintas etapas artísticas e vitais do pintor e expón obras dos fondos museísticos que non adoitan estar colocadas ao público
A exposición de Manuel Torres comisariada polo xornalista e escritor Ramón Rozas e que impulsou o Consello da Cultura Galega, dentro do seu ciclo “Revisando a nosa arte”, poderá visitarse ata o 20 de xullo.
A mostra fai un interesante percorrido por toda a obra do noso pintor máis afamado, relacionándoa cos momentos clave da súa vida, que marcou enteiramente a súa prolífica creación artística, onde Marín sempre foi un faro de inspiración e referencia.
“Esta é unha oportunidade única de adentrarse na traxectoria de Manuel Torres e de ver obras que normalmente non están expostas nas salas, aínda que forman parte dos fondos museísticos”, explican fontes municipais.
A maiores, esta mostra serve como prolegómeno das actividades que o Concello organizará de cara ao 2026, ano no que se cumpren 125 anos do nacemento do artista.