O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditou unha sentenza na que declara a nulidade parcial da sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Ourense que anulou o cesamento do interventor municipal.
Na resolución, que recibiu esta mañá o Concello, o Tribunal Superior acorda “declarar a nulidade parcial da sentenza de instancia e deixar sen efecto o pronunciamento relativo á nulidade do expediente de cesamento, así como o cese de Alonso Álvarez, así como a condena á súa inmediata reposición”. A este respecto, indica a resolución nos seus fundamentos de dereito que “a sentenza de instancia incorre neste extremo nunha incongruencia”.
Porén, a resolución do TSXG eleva a indemnización por danos morais a favor do denunciante, con condena solidaria dos dous co-demandados (o alcalde e o Concello de Ourense ) no importe de 75.000 euros.
O Concello de Ourense interporá un recurso contra esta sentenza diante do Tribunal Supremo