O prazo de solicitude está aberto desde hoxe, 1 de xullo, e rematará o 7 de xullo de 2025 ás 14:00 horas, ambos incluídos.
O Concello do Porriño informa de que se amplía o prazo de presentación de solicitudes para a instalación de postos de venda ambulante durante a celebración da festa de Porrigalia 2025. As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude desde hoxe ata o 7 de xullo de 2025 ás 14:00 horas.
As solicitudes deberán presentarse a través do rexistro xeral do Concello, da sede electrónica(https://oporrino.sedelectronica.gal) ou polas vías previstas na Lei 39/2015 de procedemento administrativo común. No caso de empregar un rexistro distinto ao municipal, será obrigatorio remitir unha copia ao correo electrónico rexistro@oporrino.org antes do fin do prazo, para garantir a súa inclusión.
As persoas solicitantes deberán cubrir correctamente:
A solicitude oficial
A Declaración Responsable (Anexo I) e achegar a documentación requirida segundo o tipo de posto solicitado (alimentación, atraccións, etc.).
Documentación obrigatoria xeral:
Fotocopia do DNI/NIF ou documento análogo
No caso de actuar mediante representante: documentación do representante e acreditación do poder
CIF no caso de empresas ou asociacións
Ademais:
Os postos de atraccións deberán achegar documentación técnica, seguros e informes segundo o RD 226/2022.
Os postos de alimentación deberán achegar o carné de manipulador de alimentos.
Lémbrase que:
Só se admitirá unha solicitude por persoa.
A persoa titular da autorización será responsable de calquera dano ou anomalía na zona asignada.
Será obrigatorio exhibir no posto: a autorización, follas de reclamación e listaxe de produtos con
prezos.
Enlace ás bases para a instalación de postos:
https://oporrino.org/wp-content/uploads/2025/06/20250607_Publicacion_BASES-REGULADORAS-QUEREGIRAN-LA-CONVOCATORIA-PARA-LA-AUTORIZACION-DE-INSTALACIONES-DE-PUESTOS-DE-VENTAAMBULANTE-EN-LA-FIESTA-DE-PORRIGALIA-PARA-EL-ANO-2025-GALLEGO.pdf
Para máis información, as persoas interesadas poden consultar a sede electrónica do Concello do
Porriño.