HomeVigoMosO Concello de Mos premia a creatividade poética na primeira edición do...

O Concello de Mos premia a creatividade poética na primeira edición do Concurso “Escribe un poema a María Magdalena”

- Anuncio -spot_img

O I Concurso de Poesía “Escribe un poema a María Magdalena”, organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Mos, contou cunha destacada participación cidadá e unha excelente acollida por parte do público. En total presentáronse 36 poemas, divididos en dúas categorías: xuvenil e adulta.

PREMIOS CONCEDIDOS

Categoría A – Xuvenil:

1º Premio (300€ e lote de obras de María Magdalena):

Arwen Fernández García, co poema “Un poema en papel de estraza”.

2º Premio (200€ e lote de obras de María Magdalena):

Leire Pérez González, co poema “Na casa da poesía”.

Categoría B – Adulta:

1º Premio (300€ e lote de obras de María Magdalena):

Lucía Rodríguez Pereira, co poema “Cantiga a María Magdalena”.

2º Premio (200€ e lote de obras de María Magdalena):

Víctor Pérez Estévez, co poema “Versos de alborada”.

O xurado estivo composto por representantes do ámbito cultural, literario e institucional: Sara Mª Cebreiro Alonso (presidenta e concelleira de Cultura de Mos), a bibliotecaria María Diana Lago Álvarez (secretaria), Alejandro Figueroa Expósito (PSOE), Sara Samartín Rodríguez (BNG), Samuel Merino Gómez (poeta), Cristina Lago Cerqueira (poetisa), Xoán Carlos Ferreira Ambrosio (mestre de galego no IES de Mos).

No acto de entrega, celebrado esta mañá na Biblioteca Pública María Magdalena de Mos tamén estiveron presentes os fillos da escritora mosense: Pilar, José Antonio e Jaime Blanco Domínguez.

As obras premiadas poderán ser publicadas pola Concellería de Cultura do Concello de Mos, mantendo a autoría dos seus/as creadores/as. A organización resérvase o dereito á revisión gramatical e léxica dos textos para a súa difusión.

Publicacións Relacionadas