HomeOurenseO Concello pon en marcha Concilia Verán 2025, con actividades lúdico-educativas para...

O Concello pon en marcha Concilia Verán 2025, con actividades lúdico-educativas para máis de 2.100 escolares da cidade

- Anuncio -spot_img

O programa aumenta en 375 o número de prazas co obxectivo de facilitar a conciliación familiar e laboral durante as vacacións de verán

Desenvólvese en 9 centros educativos, na Aula de Natureza, no Espazo Makers da Uvigo, no Centro Cívico Colón e na Escola de Teatro

A Concellería de Educación do Concello de Ourense pon en marcha o programa de actividades “Concilia Verán 2025”, que ten como obxectivo axudar á conciliación laboral e familiar durante as vacacións escolares. A proposta amplía este ano en 375 o seu número de prazas, para chegar a máis de 2.100 participantes. Todas as actividades, de marcado contido lúdico-educativo, van dirixidas a nenos e nenas de 4º de Educación infantil a 4º curso de ESO e desenvólvense en distintos espazos da cidade para facilitar os desprazamentos.

O luns comezaron 2 novas propostas que se incorporaron este ano á programación. Por unha banda, no Centro Cívico Colón lévase a cabo o Campamento dixital – Cibervoluntarios e, na Escola Municipal de Música e Teatro, o campamento de Iniciación ao Teatro. Tamén está en marcha o programa na Aula de Natureza de Oira, onde cada día, até a primeira semana de setembro, se desenvolven actividades relacionadas co medio ambiente.

Onte, martes, comezou o Concilia Verán nos centros de ensino (9 en total), que se desenvolverá en xullo e agosto en horario de 8.00 h a 14.30 h nos CEIP O Couto, Manuel Luis Acuña, Amadeo R Barroso, Mestre Vide, Virxe de Covadonga, Vistafermosa, Irmáns Villar, A Ponte e As Mercedes.

A programación complétase co Concilia Verán- Espazo Makers – Uvigo: “Un verán na nube”, durante o mes de xullo para alumnado de 6º de Primaria a 3ª de Secundaria no edificio politécnico – Facultade de Informática da Universidade de Vigo, no campus de Ourense.

Publicacións Relacionadas