HomeOurenseA Xunta de Goberno Local tratará 23 asuntos na súa sesión ordinaria...

A Xunta de Goberno Local tratará 23 asuntos na súa sesión ordinaria desta semana

- Anuncio -spot_img

Entre eles, a aprobación definitiva da modificación do Plan de Mobilidade para adaptalo á Lei do Cambio Climático, consistente na adición dunha proposta relativa ás zonas de baixas emisións

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense tratará un total de 23 asuntos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolverá mañá, xoves, 3 de xullo, no salón de plenos. Entre eles, a aprobación definitiva da modificación do Plan de Mobilidade Urbana Sostible, para adaptalo á da Lei 7/2021, do Cambio Climático e a Transición Enerxética. A modificación consiste na adición dun novo apartado que recolle a proposta relativa ás zonas de baixas emisións.

Licenzas (9)

  • Proxecto básico e de execución para a instalación dun elevador na rúa Río Támega
  • Proxecto de rehabilitación dunha vivenda unifamiliar en Pisón
  • Proxecto básico e de execución para a instalación de ascensor nun edificio de vivendas na rúa Serra Martiña
  • Solicitude de licenza urbanística de segregación de trasteiro dunha vivenda nun edificio na rúa José Valente Docasar
  • Primeira ocupación por legalización de usos de 2 vivendas en Celso Emilio Ferreiro
  • Proxecto básico e de execución de construción de vivenda unifamiliar na Urbanización Pazo de Ramirás.
  • Licenza urbanística de obra para o proxecto de adaptación de dous locais comerciais a vivendas independentes na planta baixa dun edificio na rúa do Progreso
  • Corrección de oficio dun acordo da Xunta de Goberno Local do 10 de abril de 2025
  • Proxecto básico e de execución de ampliación e renovación da cuberta do patio do CEIP de Prácticas de Ourense na rúa Vicente Risco, presentado pola Xunta de Galicia

Aperturas (2)

  • Licenza urbanística para o proxecto básico e de execución de reforma e acondicionamento da planta baixa do edificio que ocupa a Sede da Dirección Provincial conxunta da Tesourería Xeral da Seguridade Social e do Instituto Nacional da Seguridade Social de Ourense, na rúa Concello
  • Licenza urbanística para o proxecto técnico de acondicionamento de local para a apertura dunha tenda de telefonía na planta baixa dun edificio na rúa do Paseo

Patrimonio  (7) Sete expedientes de reclamación de responsabilidade patrimonial

Medio Ambiente (1) Segunda prórroga das autorizacións para o uso de hortos municipais no parque de Montealegre e Mariñamansa

Alcaldía (1). Resolución de alegacións e aprobación definitiva da modificación do Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Ourense, para a súa adaptación ao previsto no artigo 14.3.a) da Lei 7/2021, do 20 de maio, do Cambio Climático e a Transición Enerxética. A modificación consiste na adición ao dito Plan dun novo apartado V, denominado Proposta relativa ás zonas de baixas emisións

Persoal e recursos humanos (3)

  • Modificación nº 3/2025 da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Ourense para a determinación dos postos de traballo que poden prestarse en réxime de teletraballo.
  • Retribucións dos funcionarios públicos. Complemento específico. Modificación da RPT. Inclusión dos pluses de nocturnidade e festividade do Corpo da Policía Local dentro do complemento específico dos postos de traballo. Recurso de reposición. Solicitude de suspensión da eficacia do acto impugnado
  • Retribucións dos funcionarios públicos. Complemento específico. Modificación da RPT. Inclusión dos pluses de nocturnidade e festividade do SPEISPC dentro do complemento específico dos postos de traballo. Recurso de reposición. Solicitude de suspensión da eficacia do acto impugnado.

Publicacións Relacionadas