HomeA CoruñaA segunda edición de “Noite Tradi” achegará á Porta do Sol o...

A segunda edición de “Noite Tradi” achegará á Porta do Sol o folclore máis orgánico

- Anuncio -spot_img

A música tradicional e o noso folclore goza de moi boa saúde, mostra delo é que neste ano o día das Letras Galegas foi adicado á tradición oral e ás pandeireteiras, estase a ver que a rapazada vai collendo un relevo xeracional xa que no municipio contamos con diversas asociacións que contribúen a espallar esta tradición, proba delo foron as diferentes actuacións que percorreron tódalas parroquias co nome de Roteiras Cantareiras.

E seguindo coa propia tradición hoxe se presentou a “II Noite Tradi” que despois do gran éxito da primeira edición, repite este ano o vindeiro 12 de xullo ás 22:00 horas na Porta do Sol. Para a presentación compareceron, a concelleira de Cultura, Antía Alberte, Óscar Romero,  presidente da asociación Bailadela e Moncha Sampedro da asociación Francisco Lorenzo Mariño.

A concelleira informou que esta actividade figura na programación de “Lecer na Ribeira” e que nesta segunda edición actuarán os grupos locais Bailadela e Sete Linguas e nos visitarán A Requinta de Lampai, da propia vila de Lampai no Concello de Teo onde seis músicos recuperaron a frauta propia do Val da Ulla e rescataron as gravacións de históricos gaiteiros da bisbarra; tamén nos acompañarán os Meninos do Pandeiro integrado polo lalinense Carlos Quintá e Xan Pérez, nunha actuación que toma como punto de partida a música popular da tradición oral onde cobran protagonismo o acordeón diatónico, a voz e as percusións.

Pola súa banda, Óscar Romero explicou que a idea será “recrear unha romaría das de antes”, para iso se pensou nun par de grupos locais que
se adiquen a ao folclore ao canto e á festa máis dous grupos de fora neste caso A Requinta de Lampai que o que fan é “poñer en valor a requinta, un instrumento único no mundo”. O outro grupo, Meninos do Pandeiro levan acordeón diatónico, percusión e voces. Romero rematou dicindo que “o que facemos este ano é desprender a música de todo artificio para achegarnos máis ás romarías de antes”.

Publicacións Relacionadas