HomeVigoO PorriñoO Porriño énchese de ritmo este verán con clases gratuítas de zumba...

O Porriño énchese de ritmo este verán con clases gratuítas de zumba ao aire libre

- Anuncio -spot_img

O Concello do Porriño pon en marcha un novo programa de actividades para animar as noites de verán e fomentar o exercicio ao aire libre. Trátase das clases gratuítas de zumba, que se celebrarán durante os meses de xullo e agosto na Praza Arquitecto Antonio Palacios.

As sesións terán lugar todos os martes e xoves, de 21:00 a 22:00 horas, e estarán abertas a persoas de todas as idades, sen necesidade de inscrición previa.

O obxectivo é ofrecer unha actividade saudable, divertida e accesible para toda a veciñanza, ao tempo que se dinamiza o espazo público e se promove un estilo de vida activo.
“Queremos que a xente se mova, se divirta e aproveite as noites de verán nun ambiente san e participativo”, sinala o Alcalde, Alejandro Lorenzo, que se animou a participar na primeira clase.

“A zumba é unha proposta que combina música, exercicio e convivencia, perfecta para o noso Porriño”, engade.

A iniciativa forma parte do programa de actividades de verán que o Concello está a desenvolver para fomentar a cultura, o deporte e a participación cidadá durante os meses estivais.

Publicacións Relacionadas