HomeA CoruñaLimpeza de vía por vertedura de líquido hidráulico no lugar do Vilar,...

Limpeza de vía por vertedura de líquido hidráulico no lugar do Vilar, no concello de Porto do Son

- Anuncio -spot_img

Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira acudiron na tarde de onte, arredor das 18:20 horas, a unha intervención por vertedura de líquido hidráulico no Vilar, no concello de Porto do Son.

A vertedura, que se estendía ao longo de aproximadamente 200 metros de longo e 2 de ancho, foi causada pola avaría dunha plataforma de pluma articulada á que lle rompeu un latiguillo.

Dada a complexidade dos traballos, consistentes no espallamento do dispersante ao longo de toda a mancha para despois limpar con auga, os bombeiros solicitaron a colaboración da dotación de garda do parque Provincial de Boiro, dando por rematado o operativo sobre as 21:30 horas.

Participou tamén a Policía Local de Porto do Son.

Publicacións Relacionadas