HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación leva este sábado a Mondariz o circuíto +Escénicas cunha obra...

A Deputación leva este sábado a Mondariz o circuíto +Escénicas cunha obra de teatro para o público infantil

- Anuncio -spot_img

“Máis saaabor!”, de Culturactiva Producións, representarase ás 20:30 horas na Praza de España de Mondariz

+Escénicas é o circuíto da institución provincial que leva unha completa programación de teatro e danza aos concellos de menos de 20.000 habitantes

A Deputación de Pontevedra leva este sábado 5 de xullo o circuíto +Escénicas ao concello de Mondariz da man do espectáculo familiar “Máis saaabor!”, a cargo de Culturactiva Producións. Trátase dunha actuación enmarcada na segunda edición desta iniciativa provincial, que apoia a programación de teatro e danza nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia cun orzamento de 195.000 euros, 45.000 euros máis que na súa primeira convocatoria.

“Máis saaabor!”representarase na Praza da España de Mondariz ás 20:30 horas, e trátase dunha peza cómica que xira arredor do mundo da gastronomía e da alimentación saudable, unha proposta que mestura música en directo con maxia, humor, moito ritmo e a participación do público. Dous recoñecidos chefs ofrecen unha comida moi musical para toda a familia cunha visión humorística do mundo dos fogóns para promover o achegamento á cociña, a alimentación saudable e o consumo de produtos de proximidade. Infinidade de xogos cómicos e máxicos e unha chea de elementos e trebellos cos que cociñar música xorden do food truck de “Máis Saaabor!”.

Co circuíto +Escénicas, a Deputación dá resposta a unha demanda que o sector profesional vén facendo desde fai máis de 15 anos. Tralo éxito da primeira edición, entre abril de 2025 e marzo de 2026 representaranse un total de 136 funcións, escollidas entre un catálogo de espectáculos dispoñible no sitio web da Deputación de Pontevedra, en 50 concellos da provincia de Pontevedra.

Publicacións Relacionadas