HomeVigoMosGran acollida das clases “En bici esperando á Volta”, dentro da programación...

Gran acollida das clases “En bici esperando á Volta”, dentro da programación especial pola chegada da Vuelta a España a Mos

- Anuncio -spot_img

As clases de spinning ao aire libre organizadas polo Concello de Mos xunto a Xeiras están a ter unha resposta espectacular por parte da veciñanza. A actividade “En bici esperando á Volta” forma parte da programación especial que impulsa o Concello mosense con motivo da chegada de la Vuelta Ciclista a España a Mos o vindeiro 9 de setembro, onde a 16ª etapa rematará no Castro de Herville.

As sesións celébranse os domingos 13, 20 e 27 de xuño no Pazo de Mos, e xa se esgotaron todas as prazas das 10:30 horas. Aínda quedan as últimas prazas para as sesións das 9:30 dos días 20 e 27, e dende a organización anímase a todos os interesados maiores de 18 anos a inscribirse canto antes xa que para o día 13 o aforo xa está completo.

Para anotarse é preciso facer una inscrición previa no correo electrónico info.xeirass@gmail.com ou no teléfono 613.811535.

As clases inclúen música, sorteos, vídeos e moi bo ambiente. Non é necesario levar material, só roupa deportiva e ganas de gozar do deporte ao aire libre.

Con esta iniciativa, o Concello de Mos quenta motores para acoller a chegada dunha etapa de la Vuelta España o próximo 9 de setembro e, ao mesmo tempo, promove a práctica de exercicio físico nun ambiente festivo e lúdico.

Publicacións Relacionadas