· “Unha decisión que acollo con enorme orgullo e co compromiso de traballar sen descanso por conseguir desde a provincia de Ourense o trunfo para España”, afirmou Luis Menor logo de coñecer a composición do novo órgano de goberno durante o congreso que o PP celebra en Madrid.
· A vicepresidenta do PPdeOU, Marta Novoa, estará na Xunta Directiva Nacional como alcaldesa de San Cibrao das Viñas, onde estarán representados outros nove alcaldes e alcaldesas de pequenos concellos
O presidente do Partido Popular de Ourense, Luis Menor, formará parte do novo Comité Executivo Nacional da formación popular, a proposta do presidente nacional Alberto Núñez Feijóo. “Unha decisión que acollo con enorme orgullo e co compromiso de traballar sen descanso por conseguir desde a provincia de Ourense o trunfo para España”, afirmou Luis Menor logo de coñecer a composición do novo órgano de goberno durante o 21 Congreso Nacional que o PP celebra en Madrid.
Luis Menor enmarcou esta designación “no intenso traballo que vimos realizando no partido desde hai dous anos e que xa no 2024 deu os seus primeiros froitos”, referíndose así á vitoria nas eleccións europeas, “onde o populares ourensáns fomos os primeiros de España en apoio”, e aos excelentes resultados obtidos nas autonómicas, “onde un de cada dous ourensáns votou ao Partido Popular”, conseguido máis votos que a suma de todas as formacións políticas ourensás que obtiveron representación no Parlamento de Galicia.
Desde xullo de 2024, data da celebración do congreso provincial do PP no que Luis Menor foi elixido presidente, “tiven moi claro cal debía ser o principal obxectivo desde o punto de vista orgánico: activar e preparar o partido para calquera convocatoria electoral”. Agora, engadiu, “esa idea cobra máis forza desde esta nova responsabilidade nacional”.
MARTA NOVOA: “UNHA OPORTUNIDADE PARA DAR VOZ AOS PEQUENOS CONCELLOS”
Luis Menor tamén felicitou á vicepresidenta do PPdeOU, Marta Novoa, pola súa designación como membro da Xunta Directiva Nacional, en calidade de alcaldesa de San Cibrao das Viñas. De acordo cunha emenda introducida no relatorio de Estatutos, incluíuse no máximo órgano de dirección entre congresos a dez alcaldes e alcaldesas en representación de pequenos municipios e por designación do presidente.
Marta Novoa subliñou a “gran noticia que implica dar voz aos pequenos concellos” no máximo órgano do partido, “dándonos a oportunidade de visibilizar directamente as nosas inquedanzas e propostas”.