Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira foron alertados este mediodía por un accidente de tráfico na AC-303, ao seu paso por Olveira, no concello de Ribeira.
No incidente resultaron feridas tres persoas, dúas delas graves, que tiveron que ser trasladadas ao hospital da Barbanza.
No operativo participou tamén o 061, a Policía Local e persoal do GAEM de Ribeira.