HomePontevedraCaldasO alcalde de Portas anima á veciñanza a achegarse a Lantaño para...

O alcalde de Portas anima á veciñanza a achegarse a Lantaño para honrar a San Benito, o santo máis miragreiro

- Anuncio -spot_img

A partir das 8 da mañá do 11 de xullo haberá misas cada hora e pola noite a verbena correrá a cargo de La Conexión, o Trío Azabache e varios Djs

O alcalde de Portas, Ricardo Martínez, e membros da Comisión de Festas de San Benito de Lantaño presentaron o programa festivo e relixioso que terá lugar o venres 11 de xullo na honra deste santo moi popular e miragreiro que aglutina a un gran número de devotos que se achegan ata esta parroquia.

Así, a partir das 8 da mañá do venres 11 de xullo haberá misas cada hora e tamén ás 19, 20 e 21 horas pola tarde. As 13 horas terá lugar a misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Briallos seguida de procesión acompañada pola Banda de Música Unión de Lantaño e gran tirada de fogos de artificio. 

A partir das 10 horas da mañá terá lugar a actuación da Banda de Música Unión de Lantaño que amenizará a xornada con pasarrúas e un concerto.

A Comisión de Festas informa á veciñanza e tamén aos devotos de San Benito que se acheguen ata Lantaño que se amiten ofrendas ou donativos para o santo para subatar posteriormente entre os asistentes a esta xornada.

Ás 17 horas haberá inchabes de balde para os máis cativos da casa que poderán disfrutar da xornada coa música e o baile de animación posto en marcha por Skandal Dj.

Pola noite, a Comisión de Festas ten previsto comezar a verbena ás 21:30 horas coa orquestra La Conexión, o Trío Azabache e os Dj Pablo Grande, MRJ e Carlos López. Durante a celebración das festas haberá carpa e pulpeiro

Os membros da Comisión de Festas agradecen a colaboración do Concello de Portas, aos establecementos comerciais que axudan económicamente á organización e tamén á Comunidade de Montes de Lantaño e a Protección Civil de Portas.

Publicacións Relacionadas