HomePontevedraPonte CaldelasA Comunidades de Montes, Asociación de Veciños de Forzáns, Asociación Cultural e...

A Comunidades de Montes, Asociación de Veciños de Forzáns, Asociación Cultural e Comisión de Festas queren realizar as seguintes aclaracións sobre o torreiro das festas de Forzáns

- Anuncio -spot_img

1.- O TORREIRO DAS FESTAS É UN ESPAZO PÚBLICO DE TODOS OS VECIÑOS E PARA O SEU DISFRUTE e precisamente para garantir ese uso público tomáronse unha serie de medidas, en contacto co Concello de Ponte Caldelas, para garantir o seu uso por parte de toda a veciñanza e que non se convertera, como estaba sendo, un aparcadoiro dun bar próximo.

Antes de tomar esa decisión polas 4 asociacións da parroquia (Comunidade de Montes, Asociación de Veciños, Asociación Cultural e Comisión de Festas) a veciñanza intentou por diversos medios evitar que os coches impediran o uso e disfrute dos nenos e nenas que xogan alí á pelota e á bicicleta e tamén a práctica da malla (xogo tradicional) que se desenvolve alí todos os festivos e fins de semana.

2.- MEDIDAS DE PROTECCIÓN DO CRUCEIRO FRONTE AOS DESTROZOS DO NOSO PATRIMONIO PARROQUIAL. Nos últimos tempos producíronse por parte de vehículos serios destrozos no patrimonio parroquial como foi a rotura do cruceiro (restaurado pola Comunidade de Montes tras rachar en varios anacos), danos na pedra-altar do cruceiro, rotura de macetas e bancos danados por efecto do roce dos coches, presencia de campers e caravanas durante días facendo campismo indiscriminado, etc. etc. convertendo ao torreiro nun espazo de uso privativo e non de disfrute da veciñanza.

3.- NON É CERTO QUE O TORREIRO ESTEA PECHADO CUN CANDADO. O paso ao torreiro das festas con carriño, cadeira de rodas e peonil está máis que garantido xa que non hai candado posto. Púxose uns días nunha das dúas follas da cancela (a peonil sempre estivo aberta) para que non puideran pasar os coches e mentras non se colocaba un VADO MUNICIPAL (previo informe da Policía Local) e un cartel alusivo ao seu uso peonil e non como aparcadoiro.

4.- CELEBRACIÓN DE ACTOS RELIXIOSOS CO ACCESO RODADO DE VEHÍCULOS COMA SEMPRE. Celebráronse recentemente dous actos litúrxicos como son o Corpus e o Sagrado Corazón onde os veciños con mobilidade reducida e aqueles que se trasladan das zonas máis afastadas da parroquia puideran estacionar os seus vehículos COMO SEMPRE E COMO É COSTUME sin incidencia ningunha porque así debe de ser e figura no cartel explicativo sobre o uso do torreiro. Días antes e para facer os preparativos de limpeza e ornamento da igrexa aqueles vehículos que necesitaron acceder o fixeron COMO DE COSTUME.

5.- APOIO UNÁNIME NA ASEMBLEA VECIÑAL. Na pasada asemblea veciñal celebrada o 28 de xuño, tratouse este tema e foi APROBADO POR UNANIMIDADE DOS MÁIS DE 70 VECIÑOS PRESENTES E REPRESENTADOS (recordar que Forzáns é unha parroquia de pouco máis de 100 veciños).

6.- O TORREIRO DAS FESTAS É UN ESPAZO DE CONVIVENCIA E DISFRUTE DA VECIÑANZA desde hai moitos anos e queremos garantir que así sexa ao tempo que defendemos os intereses dos nosos maiores, dos nosos nenos e os nosos veciños para que sexa UN ESPAZO SEN COCHES e onde a xente maior poida pasear, sentarse a falar e compartir un ambiente cordial e de boa veciñanza.

7.- Despois de producirse un incidente desagradable no que un veciño de Forzáns resultou agradedido, as 4 asociacións da parroquia enviaron un escrito poñendo o caso en coñecemento da Subdelegación do Goberno e o Concello de Ponte Caldelas. Vista a situación considerouse o máis axeitado poñer un VADO PERMANENTE tras un informe da Policía Local e colocar un cartel informativo da non disponibilidade dese espazo como aparcamento habitual.

8.- AS 4 ASOCIACIÓNS DA PARROQUIA ESTAMOS EN CONTRA DA CRISPACIÓN QUE PERSOAS ALLEAS Á MESMA ESTÁN PROVOCANDO E SEGUIMOS APOSTANDO POLO DIÁLOGO E A BOA CONVIVENCIA VECIÑAL NUN ESPAZO PARA O DISFRUTE DE TODOS, COMO SEMPRE, PERO NON HABILITADO COMO APARCADOIRO.

Publicacións Relacionadas