HomeA CoruñaA cuadrilla municipal de albaneis traballa na instalación de sesenta novos suxeita...

A cuadrilla municipal de albaneis traballa na instalación de sesenta novos suxeita contedores

- Anuncio -spot_img

O Concello de Neda está a colocar nas últimas semanas suxeita contedores de residuos en novos puntos do municipio. A cuadrilla municipal de albaneis ocúpase, en paralelo a outras actuacións, dos labores de instalación destas estruturas, mercadas pola administración local a finais do ano pasado. A medida busca impedir que os colectores acaben desprazados ou tirados a causa do vento en xornadas de temporal.

Os operarios do PEL instalaron no último mes máis dunha trintena de novas “anclaxes” (o lote adquirido inclúe 60) naqueles puntos nos que os colectores se atopan máis expostos, e tamén nas localizacións máis próximas ás calzadas. O obxectivo, evitar molestias e danos.
Así, a instalación destes equipamentos, en cuxa compra se investiron 13.500 euros, contribuirá a evitar que os contedores se estraguen como consecuencia das caídas, impacten en vehículos ou, ao desprazarse, se convertan nun obstáculo para a circulación peonil ou rodada. A medida facilitará ademais as tarefas de recollida dos residuos.

Publicacións Relacionadas