HomePontevedraRecibida autorización de Adif que desbloquea a reurbanización de Rosalía de Castro...

Recibida autorización de Adif que desbloquea a reurbanización de Rosalía de Castro e o novo acceso dende a avenida de Marín

- Anuncio -spot_img

A tenente de alcalde, Eva Vilaverde deu conta esta mañá que o Concello e a Deputación veñen de recibir autorización de Adif que permite desbloquear a construción do by-pass entre Rosalía de Castro e a avenida de Marín e a reurbanización da rúa Rosalía de Castro.

Eva Vilaverde explicou que a resolución, que xa foi notificada á Deputación, chegou ao Goberno local de Mans da senadora Carme da Silva que “foi quen estivo presionando. O ministerio trasladoulla a ela e ela a nós”, indicaba a tenente de alcalde.
“O texto da resolución foi revisado polos técnicos por si aparecía algunha condición que fose relevante ou que complicase ou variase a execución ou proxecto que tiñamos previsto, e despois de analizalo e estudalo, olos servizos técnicos nos trasladan que non”, indicou Vilaverde.
“Felicitámonos porque era unha autorización que nos preocupaba moito, que estábamos moi pendentes dela e que xa permite avanzar no procedemento”, explicou a tenente de alcalde. De feito, o proxecto ten que ser agora aprobado pola Deputación e, paralelamente, o Concello iniciará a tramitación para licitar o proxecto conxunto canto antes.

O custe total dos dous proxectos (reurbanización de Rosalía de Castro e construción do acceso á avenida de Marín) é de 3.726.621,23 euros.

Publicacións Relacionadas