HomeVigoNigránO concello de Nigrán habilita como aparcadoiro un terreo de máis de...

O concello de Nigrán habilita como aparcadoiro un terreo de máis de 6.000 M2 en Praia América

- Anuncio -spot_img

A SAREB cedeu ao Concello o espazo para este uso ata o día 15 de setembro. Trátase de dúas parcelas anexas de 5.677 m2 e 1.132 m2 con capacidade para algo máis de 300 vehículos

O Concello suma a esta iniciativa o funcionamento do Nigranbus como lanzadeira de praia desde Porto do Molle todos os fins de semana e festivos de xullo e agosto, ademáis de ter parada en Gaifar entre semana

“Solicitamos o espazo á Sareb e nos deron todas as facilidades, así que estamos moi agradecidos porque alivia moito as necesidades de aparcamento na zona nesta época do ano”, explica o alcalde, Juan González

O Concello de Nigrán dispón desde hoxe venres dun novo aparcamento gratuíto en primeira liña de Praia América con capacidade para máis de 300 vehículos. Esta dotación para uso público foi posible grazas á acordar coa SAREB unha cesión temporal para este uso. En concreto, trátase de dúas fincas anexas de 5.677 m2 e 1.132 m2 antigamente pertencentes a construtoras como Mario Puentes e que permanecían pechadas perimetralmente desde o ano 2015.

“Solicitamos o espazo á Sareb e nos deron todas as facilidades, así que estamos moi agradecidos porque alivia moito as necesidades de aparcamento na zona nesta época do ano”, explica o alcalde, Juan González, quen engade que o Concello poderá empregar o lugar para este fin ata o 15 de setembro, tal e como expresamente recolle o acordo de cesión.

“Trátase dunhas fincas que no pasado xa se empregaran como aparcadoiro, pero daquela eran privadas e non aceptaran que se continuaran empregando como aparcadoiro público”, subliña o rexedor, quen enfatiza o “alivio” que suporá contar cunha balsa de prazas tan ampla e en primeira liña. A maiores, insiste en que o Concello de Nigrán está a facilitar por terceiro ano consecutivo o traslado ao areal en autobús establecendo o Nigranbus como lanzadeira desde Porto do Molle todos os sábados, domingos e festivos de xullo e agosto cos beneficios da tarxeta de transporte metropolitano (o resto da semana esta liña intramunicipal Nigranbus creada no 2022 polo Concello de Nigrán mantén o seu percorrido habitual de Chandebrito a Priegue pasando por todas as parroquias, incluíndo a parada de Gaifar, ao carón das pistas deportivas de Panxón). Toda a información sobre o Nigranbus (horarios, frecuencias, percorridos) está pendurada na web municipal en www.nigran.org

Este novo leira-parking municipal súmase ao do núcleo urbano de Nigrán na rúa Vilameán, tamén 100% público e gratuíto, ou ao parking municipal da Ramallosa, xestión que o consistorio asumíu o 5 de xaneiro de 2022 tras conseguir remunicipalizar esta infraestrutura que antes dirixía a concesionaria ‘Estacionamientos Valle Miñor, S.L.’, empresa liquidada e disolta no 2019, e que tamén opera de xeito gratuíto. “Somos conscientes do importante que son para os núcleos urbanos as bolsas de aparcamento porque repercuten directamente no pequeno comercio e na propia calidade de vida das persoa”, resume González, quen destaca o Nigranbus como outro avance en mobilidade que beneficia directamente a este fin.

Publicacións Relacionadas