HomeDeputaciónsDeputación OurenseLuis Menor participa no acto de inicio das obras do novo edificio...

Luis Menor participa no acto de inicio das obras do novo edificio da Escola de Enxeñaría Aeronáutica, que aspira a ser referente en Europa

- Anuncio -spot_img

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou os traballos do futuro edificio de Aeronáutica no Campus de Ourense

A Deputación de Ourense mantén liñas de cooperación constantes coa Universidade de Vigo, para diversas áreas como difusión cultural, formación en turismo ou programas de emprego

O presidente provincial, Luis Menor, participou hoxe no acto de inicio das obras do novo edificio da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, nunha visita ao Campus de Ourense do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o conselleiro de Educación, Román Rodríguez e o rector da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa. Durante o percorridocoñeceron os detalles do espazo que albergará a sede desta escola punteira en Ourense, única en Galicia.

A nova escola será a única deste tipo en Galicia, cunha inversión que acada os 10 millóns de euros, dos que a Xunta de Galicia financia o 60% das obras. Ademais, aspira a ser referente nacional e europeo. O edificio contará con máis de 6.500 metros cadrados destinados a aulas, laboratorios punteiros e incubadoras de proxectos.

A Deputación de Ourense, nunha aposta pola formación e o talento da provincia, mantén unha colaboración estreita coa Universidade de Vigo e, especialmente, co Campus Auga. Recentemente, aprobouse unha subvención destinada á Universidade de Vigo, que no marco da liña de colaboración que mantén aberta a Deputación desde hai anos, pola que recibirá un total de 325.000 euros para o financiamento de tres accións: actividades de difusión cultural; promoción da formación en turismo e para o programa universitario para o emprego e a vida autónoma.

Publicacións Relacionadas