Dende o 21 de xullo e ata o 31 de agosto o público poderá desfrutar dunha programación variada sen esquecer as festas máis esperadas.
A Alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, e a concelleira de Cultura, Lorena Soto, presentan o Verán Cultural 2025. Este ano cunha programación dirixida a todo o público dende máis maiores ata máis pequenos e pequenas que contan coma sempre cun apartado especial.
O inicio da programación máis esperada do ano terá lugar o 21 de xullo coas Noites de Teatro de Dramiño que pasarán por un total de oito parroquias onde ofrecerán espectáculos de teatro diferentes en cada un.
Neste 2025 e por tercer ano consecutivo Carlos Núñez volve a Salvaterra de Miño dentro da súa xira “Lugares Máxicos”. Un concerto moi esperado e aclamado entre o público. As entradas xa están á venda no Museo da Ciencia do Viño e na web ataquilla.com
Dentro do calendario para o verán non podían faltar festas tan importantes e destacadas como O Mundo a Danzar, O Son da Muralla ou Imos de Guateque; que continúan crecendo en público ano tras ano e que son cada vez máis un atractivo dentro e fora do noso Concello.
A Festa do Viño do Condado do Tea chega a súa sesaxésima sexta edición onde destacan as catas populares, o Túnel do Viño, a gastronomía e os concertos.
Nos próximos días chegará as casas toda a programación detallada do Verán Cultural de Salvaterra de Miño pero xa adiantamos aquí as datas:
- Luns 21 xullo: Noites de Teatro en Uma
- Martes 22 xullo: Baile Moderno
- Mércores 23 xullo: Festa da Espuma e Animación musical e Noites de Teatro en Lira
- Sábado 26 xullo: Concerto “Carlos Núñez”
- Luns 28 xullo: Noites de Teatro en Leirado
- Mércores 30 xullo: Festa Hinchables de auga
- Venres 1 de agosto: Festival Folclórico A.C. Pontenova
- Sábado 2 agosto: O Son da Muralla
- Luns 4 agosto: Noites de Teatro en Corzáns
- Martes 5 agosto: O Mundo a Danzar
- Mércores 6 agosto: Cine “As Neves”
- Xoves 7 agosto: Cine “+Cuñados”
- Sábado 9 agosto: Imos de Guateque
- Domingo 10 agosto: Concerto de Corais de Salvaterra e Banda de Música de Salvaterra
- 11, 12 e 13 de agosto: Xogos populares para maiores
- Luns 12 agosto: Noites de Teatro en Fornelos
- Martes 12 agosto: Cine “Xustiza artificial”
- Mércores 13 agosto: Cine infantil “Gru 4”
- Xoves 14 agosto: Cine “Honeymoon”
- Luns 18 agosto: Noites de Teatro en Arantei
- Mércores 20 agosto: Desfile de moda
- Xoves 21 agosto: Espectáculo familiar “Máis saaabor!”
- Venres 22 agosto: Monólogo “Leti da Taberna”
- Sábado 23 agosto: Aniversario Ondiñas do Mendo
- Luns 25 agosto: Noites de Teatro en Alxén
- Martes 26 agosto: Encontro de Bandas
- Mércores 27 agosto: Noites de Teatro en Cabreira
A programación os días 29, 30 e 31 de agosto coa LXVI Festa do Viño do Condado do
Tea será a seguinte: - Venres 29 agosto: Inauguración e concertos de “Galifunk Brass”, “G-Face” e “De
Ninghures”. - Sábado 30 agosto: Concertos de “La MMarca”, “Os D´Abaixo” e “O Caimán do Río Tea”.
- Domingo 31 agosto: Concertos “Lenha Verde”, “Son das Tabernas” e “La Trío Machine”.
Agardámosvos este verán en Salvaterra de Miño!