HomeBaixo MiñoA GuardaXogos, obradoiros, deporte, natureza no campamento de verán da Guarda

Xogos, obradoiros, deporte, natureza no campamento de verán da Guarda

- Anuncio -spot_img
  • O campamento de verán do Concello é a opción para conciliar durante o verán para 60 familias

O pasado 1 de xullo comezou o campamento de verán organizado pola OMIX do Concello da Guarda. En total, 60 nenos e nenas de 4 a 12 anos están a desfrutar de actividades de todo tipo pola nosa vila.

Realizaron diversas excursións: á praia, aproveitando o bo tempo dos días de verán, á Casa dos Alonso, para asistir ás exposicións, ou á fortaleza de Santa Cruz. O campamento estase a desenvolver nas instalacións do CEIP Manuel Rodríguez Sinde, onde os participantes teñen obradoiros de cociña, de manualidades, xogos de auga, xogos de mesa e actividades físicas.

“Estamos encantados con estas instalacións, pois temos moitos espazos para diferentes actividades e grupos e, ademais, queda moi céntrico para as distintas excursións e saídas pola Guarda”, explica Isabel Urgal, a coordinadora do campamento.

A semana pasada puidemos comprobar como os nenos e nenas da Guarda están pasando as mañás no campamento de verán. “Os nenos e nenas están a pasalo moi ben neste campamento e, sobre todo, é a opción de conciliación para 60 familias, tras máis de 120 solicitudes”, afirma o alcalde da Guarda, Roberto Carrero.

Publicacións Relacionadas