HomePontevedraA ParadantaAprobada unha moción en Arbo, para solicitar a protección do rio Miño

Aprobada unha moción en Arbo, para solicitar a protección do rio Miño

- Anuncio -spot_img
  • O Pleno do Concello de Arbo aprobou o pasado 26 de xuño de 2025 unha moción levada a Pleno polo Grupo Municipal do PP, que busca sumar esforzos institucionais para a conservación del Río Miño, un recurso fluvial de gran importancia para Arbo.
  • A iniciativa reflicte un compromiso firme coa preservación dun dos maiores patrimonios naturais, culturais e ecolóxicos de Arbo, en resposta aos desafíos que enfronta actualmente esta conca.

O Río Miño para Arbo,  non só é esencial polo seu valor ecolóxico, senón tamén pola súa relevancia para a economía local, as tradicións, a pesca e a paisaxe. Entre as tradicións que sostén, destacan as pesqueiras, estruturas emblemáticas que forman parte do legado cultural, así como a pesca da Lamprea, unha actividade ancestral que caracteriza á rexión.

Con todo, a moción levada a Pleno sinala que o Río Miño enfronta graves problemas que ameazan o seu equilibrio ecolóxico e o seu uso sostible. Entre as principais ameazas, identifícanse as oscilacións bruscas no caudal, a presenza de especies invasoras que afectan a biodiversidade autóctona e a necesidade de actualizar a normativa vixente para mellorar a xestión ambiental. Ademais, destácase a dificultade para xestionar a biomasa vexetal no río e a falta de protección específica para as pesqueiras, que son patrimonio intanxible de gran valor para Arbo e os arbenses.

O Pleno acorda, neste sentido, instar o Goberno de España e o Ministerio de Transición Ecoloxica a responder as demandas formuladas para a protección del Río Miño e promover políticas que aseguren a conservación e o uso sostible do río, en beneficio das xeracións futuras

En palabras do alcalde de Arbo, Horacio Gil, “a protección del Río Miño non só implica coidar un recurso natural, senón tamén preservar as nosas tradicións e o legado que nos define como comunidade.  O Rio Miño é o recurso fluvial máis importante de Arbo e debe seguir sendo un elemento vivo que sustente o patrimonio natural e cultural do municipio”

O Concello de Arbo reafirma o seu compromiso cos veciños e veciñas. A protección del Río Miño e a promoción de accións responsables serán prioridades nos próximos meses como o levan sendo nos últimos anos.

Publicacións Relacionadas