Está aberto xa o prazo de inscrición ata un máximo de 700 perticipantes e celebrarase o 21 de setembro sobre tres percorridos: un de 24 kms., outro de 13 kms. e un pequeño de 8 kms.
O alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa, e varios membros do Comité Organizador presentaron a “IV Andaina Concello de Campo Lameiro”, que se celebrará o domingo 21 de setembro sobre tres trazados: un longo de 24 quilómetros, outro medio, de 13 quilómetros e un curto de 8 quilómetros. Por cuestións organizativas, este ano o máximo de participación permitida serán de 700 persoas que deberán formalizar a súa inscrición ata o 12 de setembro. Os participantes colaborarán tamén coa súa inscrición coa Fundación Andrea de apoio a nenos e nenas con enfermidades de longa duración, crónicas e terminais.
No acto de presentación, o alcalde Carlos Costa compareceu con varios membros do Comité Organizador entre os que estaban Fernando Caldas Domínguez, Paula Pazos Fontán, Jesús Garcia Ameijeiras e Mónica Arza Souto, encargados de varios departamentos e cometidos dentro do complicado e laborioso proceso de organización desta actividade.
Esta proba pedestre non competitiva pretende promocionar tamén dos distintos lugares e paraxes marabillosas que conforman o patrimonio natural e medioambiental do concello de Campo Lameiro polo que o itinerario será diferente ao do ano pasado.
Así, a organización establecerá un percorrido circular con varios postos de avituallamento para facilitar que os participantes estean perfectamente atendidos ao longo de toda andaina.
Para incentivar a inscrición neste evento deportivo e turístico, a organización estableceu varios sorteos de produtos doados por establecementos comerciais da contorna, que cada vez son máis a colaborar con esta inicitiva. Os sorteos faranse entre todos os dorsais inscritos, que terán que abonar 12 euros por participar en concepto de seguros, etc. 5 euros de cada inscrición irán destinados íntegramente á Fundación Andrea de apoio a nenos e nenas con enfermidades de longa duración, crónicas e terminais.
As inscricións deberán facilitarse a través da páxina web www.sportmaniacs.com e so polo feito de participar os inscritos recibirán unha camisola de agasallo por parte da organización, que respectará as tallas aos primeiros 300 inscritos.
Ao remate deste evento turístico-deportivo e solidario a organización servirá un aperitivo a base de pinchos nos que haberá empanada, mexillóns e callos que poderán ser degustados e acompañados por bebidas refrescantes doadas polos establecementos colaboradores.
Segundo manifestou o alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa “esta andaina solidaria está practicamente consolidada como unha cita obrigada e que ademais de servir para promocionar e divulgar o noso enorme patrimonio natural e paisaxístico supón unha axuda para a Fundación Andrea de apoio a nenos e nenas con enfermidades de longa duración, crónicas e terminais”.