O Concello de Nigrán abre desde este venres 18 de xullo e ata o día 11 de agosto o prazo de solicitude de subvencións a entidades do municipio que leven adiante actividades ou programas culturais. O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou hoxe as bases que rexen devandita convocatoria (están penduradas tamén na sede electrónica do Concello). A partida orzamentaria destinada desde o Concello a este fin concreto mantense en 22.500 €. Como sempre, as beneficiarias deben estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Nigrán. Próximamente se publicarán as destindas a fins festeiros, de fomento do asociacionismo ou deportivos.
“O noso compromiso é de máxima colaboración con todos os colectivos do municipio, que son os grandes promotores das actividades lúdicas, culturais, deportivas ou fiesteras, por iso consideramos prioritaria esta liña de axudas”, explica o alcalde, Juan González, quen encomia o seu “traballo desinteresado na promoción de todos estes aspectos que fan comunidade e que xeran un Nigrán máis amable para as persoas”.
O Concello mantén as bases aprobadas en sesión plenaria no 2018, cun tope máximo de 2.000 € por entidade.