HomeA CoruñaAccidente de tráfico entre unha ambulancia e un turismo no núcleo urbano...

Accidente de tráfico entre unha ambulancia e un turismo no núcleo urbano de Vimianzo

- Anuncio -spot_img

Os bombeiros do parque provincial de Cee foron mobilizados este mediodía por un accidente entre unha ambulancia e un turismo no núcleo urbano de Vimianzo, concretamente no punto quilométrico 67 da AC-552. Non houbo feridos de gravidade, aínda que a condutora do vehículo tivo que ser trasladada ao hospital por unha dor no pescozo.

Ata o lugar tamén se desprazaron Policía Local de Vimianzo, Garda Civil de Tráfico e persoal de mantemento tanto do Concello como de conservación de estradas.

Publicacións Relacionadas