A alcaldesa Ánxela Fernández Callís destacou o compromiso coa calidade, co sostible e coa identidade dun territorio orgulloso das súas raíces
O corazón do Rosal latexou con forza coa inauguración da XXXIII Feira do Viño, que arrancou cun acto institucional cheo de simbolismo, emoción e recoñecemento á tradición vitivinícola da comarca. A Praza do Calvario converteuse no escenario principal desta celebración que se consolida como unha das citas máis destacadas do calendario galego.
A alcaldesa Ánxela Fernández Callís destacou que “o viño do Rosal non é só unha bebida, é a historia de milleiros de mans traballadoras, é a tradición que une xeracións e o símbolo dun territorio vivo e orgulloso”, afirmou. A rexedora tamén subliñou que esta será a edición “máis dinámica, sostible e segura” da historia da Feira.
Carlos Gómez, presidente da Confraría dos Cabaqueiros do Viño do Rosal, participou no acto pero non puido ofrecer o seu discurso por problemas de afonía. Aínda así, declarou aos medios presentes o valor estratéxico do sector vitivinícola como motor de vida e futuro para o rural.
O pregoeiro da edición 2025 foi o experto vitivinícola Ziyang Zhang, asesor da Embaixada de China en España e director da Guía Peñín en Asia, quen conquistou ao público cun discurso emotivo e cheo de profesionalidade no que puxo en valor o potencial internacional dos viños do Rosal. “Vengo de un país donde el té es arte, pero he descubierto que en Galicia, y especialmente en O Rosal, el vino también es poesía”, afirmou ante os aplausos do público. Zhang destacou que os viños da comarca están a traspasar fronteiras e emocionan tamén fóra de Galicia: “Porque, créanme, cuando un vino de O Rosal llega a una copa en Shanghái o en Pekín, no solo se brinda por su sabor, se brinda por Galicia entera”.O acto foi conducido por Nani Matos, recoñecido polos seus éxitos cinematográficos, quen deu paso ás intervencións das autoridades.
Durante o acto, que foi conducido polo recoñecido actor baixomiñoto Nani Matos, tamén se celebrou o tradicional nomeamento de confrades de honra e cabaqueiros, un dos momentos máis esperados da inauguración. Nesta edición foron nomeados confrades de honra:
- D. Alfonso Dorado Senra, do Grupo Filatélico e Numismático Val do Rosal, quen recibiu a homenaxe por sorpresa cunha ovación especial do público despois de 30 anos de Mostra na Feira. Amosouse profundamentre emocionado e agradecido.
- A Unión Deportiva Ribera, representada polo seu presidente Óscar Barbosa, polos seus 75 anos de fútbol no Concello.
- A Sociedade Deportiva Atlético Novás, representada por Andrés Senra Pregal, polos 50 anos de balonmán.
- D. Marcelino Escolar Martínez, impulsor clave do sector desde a empresa Inoxes.
- O propio pregoeiro, D. Ziyang Zhang.
Así mesmo, nove persoas foron nomeadas Cabaqueiros do Viño do Rosal 2025, representando a cada unha das adegas participantes, simbolizando a unión entre tradición e renovación no sector.
O acto pechouse cun brinde colectivo entre autoridades, representantes das adegas, confrades e público asistente, seguido dunha visita institucional ás exposicións e un pincho de confraternidade.
A Feira continuará ao longo de toda a fin de semana cun amplo programa de actividades para todos os públicos, música en directo, obradoiros, catas comentadas, escape room e espazos para as familias, consolidando ao Rosal como capital do viño, da cultura e da festa con alma.
PROGRAMA 18 | 19 | 20 xullo
VENRES 18 de xullo
11.30 h Cata comentada de viños do Rosal a cargo de Ziyang Zhang (inscrición previa)
13.30 h Inauguración e pregón da feira a cargo de Ziyang Zhang (director da Guía Peñín en China) e apertura de casetas.
18.30 h Presentación e inicio do escape room Segredos entre barricas
23.30 h Concerto: La Patrulla
02.00 h Peche da feira
SÁBADO 19 de xullo
11.30 h Apertura das casetas
12.30 h Cata para público xeral a cargo de Jorge Vila (Galicia Wine Academy): Aprendendo a catar cos viños do Rosal. As 4 claves para catar un viño (inscrición previa)
13.30 h Concerto: Os Bregadiers
19.00 h Espectáculo infantil/familiar: O tranvía Leonardo
20.00 h Pasarrúas: Batucada Lenha Verde
23.30 h Concerto: Meigallo
02.00 h Peche da feira
DOMINGO 20 de xullo
11.00 h Visita guiada ao retablo da igrexa de Santa Mariña e Museo do Cabaqueiro
11.30 h Apertura das casetas
12.00 h Obradoiro de cociña infantil a cargo de Isaac Míguez (inscrición previa)
12.30 h Cata para público xeral a cargo de Jorge Vila (Galicia Wine Academy): Aprendendo a catar cos viños do Rosal. As 4 claves para catar un viño (inscrición previa)
12.30 h Pasarrúas: Grupo de Gaitas Airiños do Folón
13.30 h Concerto: Famous Corner
18.30 h Espectáculo infantil/familiar: Pepiña Maruxiña quere voar
20.00 h Concerto: Andhrea and the Black Cats
00.00 h Peche da feira
EXPOSICIÓNS
Do 18 ao 20 de xullo:
SALA DE EXPOSICIÓNS DO CONCELLO DO ROSAL
De 11.00 a 14.00 h – 18.00 a 22.00 h
- Exposición Debuxos do Rosal en tinta chinesa, de Berto Franco
- Exposición Arquitectura en poliexpan, de Ramón González
- XXX Mostra Filatélica a cargo do Grupo Filatélico e Numismático Val do Rosal
MUSEO DO CABAQUEIRO :
De 11.30 a 14.00 h – 18.00 a 20.00 h
AUTOBUSES
Prezo: 2,5€ para as rutas circulares do Rosal
3€ para as circulares polo resto da comarca
CIRCULAR SAN XIAN O ROSAL
San Xian | Portecelo | A Guarda | Pancenteo
Marzán | Novás | Fornelos | O Calvario
CIRCULAR TUI TOMIÑO GOIÁN O ROSAL
Tui | Tomiño |Goián |As Eiras | Tabagón
San Miguel | Pías | A Cumieira | O Calvario
VENRES 18 de xullo
CIRCULAR SAN XIAN A GUARDA O ROSAL
Saída San Xian – O Rosal
21.00 h | 22.30 h | 0.00 h | 01.30 h
Saída O Rosal – San Xian
21.45 h | 23.15 h | 00.45 h | 02.15 h
CIRCULAR TUI TOMIÑO O ROSAL
Saída Tui-Tomiño-Goián -O Rosal
20.45 h | 22.15 h | 00.30 h
Saída O Rosal- Goián-Tomiño-Tui
21.30 h | 23.45 h | 01.15 h
SÁBADO 19 de xullo
CIRCULAR SAN XIAN O ROSAL
Saída San Xian- O Rosal
19.30 h | 20.15 h | 21.00 h | 21.30 h | 22.30 h | 00.00 h | 01.30 h
Saída O Rosal-San Xian
20.15 h | 21.45 h | 23.15 h | 00.45 h | 02.15 h | 2.45 h | 03.00 h | 03.15 h
CIRCULAR TUI TOMIÑO GOIÁN O ROSAL
Saída Tui-Tomiño- Goián-O Rosal
18.30 h | 20.45 h | 00.30 h
Saída O Rosal-Goián-Tomiño-Tui
20.00 h | 23.45 h | 01.15 h
DOMINGO 20 de xullo
CIRCULAR SAN XIAN O ROSAL
Saída San Xian- O Rosal
19.30 h | 20.30 h | 21.30 h
Saída O Rosal – San Xian
22.15 h | 23.00 h
CIRCULAR TUI-TOMIÑO-GOIÁN-O ROSAL
Saída Tui-Tomiño- Goián-O Rosal
19.00 h
Saída O Rosal- Goián-Tomiño-Tui
22.30 h
ADEGAS PARTICIPANTES
Adegas Valmiñor
Adegas Novás
Altos de Torona
Lagar de Pedregales
Lagar de Fornelos
O Aforado
Quinta de Couselo
Santiago Ruiz
Terras Gauda
Conservas A Rosaleira