HomeA CoruñaA praia do Rebalo protagonista da segunda edición da Xuntanza de Esculturas...

A praia do Rebalo protagonista da segunda edición da Xuntanza de Esculturas de Area

- Anuncio -spot_img

No día de onte na praia do Rebalo en Aguiño celebrouse esta segunda xuntanza onde onde nenos/as e pais interpretaron na area unha gran variedade esculturas moi traballadas e cheas de enxeño.

Despois da exitosa edición do ano pasado as expectativas non faiaron xa que nesta segunda edición as incricións chegaron aos 79 participantes cunha afluencia de público de preto de 280 persoas; este ano contouse como asociación invitada, á Asociación Ambar que se encargaron de puntuar as esculturas. O impulsor da xuntanza José Antonio Paz de Pintega das Dunas creou para a ocasión un trofeo moi singular, un Bob Esponja esculpido en madeira cunha motoserra.

Non faltaron á xornada o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes, o concelleiro de Turismo, Francisco Suárez-Puerta, a presidenta da Asociación Ambar, Milagros Rey xunto co seu equipo e José Antonio Paz, de Pintega das Dunas.
Os asistentes puideron gozar dunha xornada familiar creativa onde ao comezo da mesma cobrou protagonismo unha quenlla martelo xigante creada por Juan Pego, Brais Pego, Suso Paz e José Manuel Riveiro; na praia se puideron ver, sereas, polbos, cangrexos, até un dragón. O xurado de Ambar despois da liberación final ditaminou as esculturas máis sobresaíntes que foron: “Martín o oso”, “O elegante estrabagante con colmillos diante” e “O Dragón de Corrubedo”.

Para rematar procedeuse á entrega dos trofeos, doados por Océano Bienestar e Ignacio Montes, tódolos participantes levaron un recordo e tamén se procedeu ao sorteo do Bob Esponja da Pintega da Dunas que foi para Antón Vázquez.

Esta xornada estaba incluída no programa das Festas do Carme coa colaboración das concellerías de Mar e Turismo.

Publicacións Relacionadas