O Concello adquire 15.000 gominolas sen azucre, sen glute, sen latosa e veganas a esta empresa nigranesa para dar a benvida aos visitantes nas oficinas de turismo e o quiosco da Ramallosa baixo o lema ‘Doces sorrisos’
“Queremos resultar un municipio amigable cos peregrinos e darlle a benvida dun xeito diferente, que se sintan especialmente ben coidados en Nigrán, que nos recorden como un lugar amable a onde regresar”, explica o alcalde, Juan González
A inicios de ano o Concello estreou www.caminonigran.com con información xeolocalizada sobre o percorrido oficial do Camiño portugués pola Costa e a súa variante máis litorial ou lugares onde comer, dormir, descansar, beber…
“Todas estas iniciativas contribúen a construír unha imaxe hospitalaria de Nigrán, os animamos a regresar ex-profeso noutra viaxe ao tempo que promocionamos o noso comercio”, conclúe o rexedor.
O Concello de Nigrán agasallará con ‘doces sorrisos’ aos peregrinos e viaxeiros que se acheguen polas súas oficinas de turismo ou á clientela do quiosco da Ramallosa. Este é o lema escollido para o envoltorio de 15.000 gominolas inclusivas que ven de mercar o consistorio a Minimelis, empresa radicada en Porto do Molle famosa internacionalmente por fabricar chuches sen azucre.
“Queremos resultar un municipio amigable e darlles a benvida dun xeito diferente, que se sintan especialmente ben coidados en Nigrán, que nos recorden como un lugar amable a onde regresar”, explica o alcalde, Juan González, quen destaca que se trata dunha empresa nigranesa “que abríu o mundo das gominolas a persoas que non podían permitirse comelas, por iso son inclusivas”, en referencia a que son todas sen azucre, sen glute, sen lactosa e aptas para veganos (así o destaca a etiqueta). “Gústame chamarlle chuches inclusivas porque, por exemplo, para unha crianza con diabete de repente poder comelas nun aniversario ou calquera outra celebración infantil é algo máis que relevante na súa vida, de aí a elección desta empresa de Nigrán que comulga 100% co noso lema ‘Un Nigrán para todos'”, engade González. Neste sentido, o rexedor destaca tamén que dous dos seus 25 traballadores proceden do CEE Juan María, polo que o Concello deixou tamén no quiosco da Ramallosa, reaberto en abril por usuarios deste centro ubicado na parroquia de Parada e onde se ofrece tamén información turística e se sela a credencial.
Na mesma liña de facer sentirse especialmente cómodos e ben tratados, o Concello financiou a principios de ano formación a traballadores de hostalaría no manexo de inglés básico e a creación dunha web dirixida exclusivamente a eles: www.caminonigran.com . Nesta plataforma o camiñante pode programar a súa viaxe ou improvisar sobre a marcha, pero sempre con información oficial actualizada e xeolocalizada. Aquí atopan desde qué variante elixir (a oficial de costa ou a opción máis litoral) a onde parar a dormir, comer, descansar, beber nunha fonte pública ou en qué nivel está a marea (especialmente importante na variante máis litoral)…
“Todas estas iniciativas contribúen a construír unha imaxe amable e hospitalaria de Nigrán, os animamos a regresar ex-profeso noutra viaxe ao tempo que promocionamos o noso comercio”, conclúe o rexedor.
O Concello de Nigrán é totalmente consciente de que o Camiño Portugués pola Costa atrae cada vez a máis estranxeiros ao municipio. Como mostra, a Oficina de Turismo de A Ramallosa atendeu desde o 12 de xuño de 2024 e ata o 31 de xullo a 1.190 peregrinos de 37 nacionalidades diferentes que sellaron as súas credenciais e buscaron información sobre o propio Camiño ou sobre o municipio. Ao marxe de España, con 45% das consultas, Estados Unidos foi o país máis repetido con 142 persoas, seguido de 87 camiñantes de Alemania, 59 de Polonia ou 32 de Australia. Bielorrusia, Corea do Sur, Nueva Zelanda, Brasil, Japón, Turquia, Cuba, Puerto Rico, Israel, Colombia, Malasia, El Salvador, Filipinas, Francia, Estonia… son outras das nacionalidades que se achegaron ata a oficina situada na Alameda de San Campio.