HomePontevedraBaixo MiñoA maxia de Mago Noel e o cine ao aire libre toman...

A maxia de Mago Noel e o cine ao aire libre toman as rúas de Tomiño esta semana

- Anuncio -spot_img

Dúas citas culturais ao aire libre, pensadas para o público familiar, chegan ás prazas do pobo da man das programacións #Pequeverán e #Son&Verán

Tomiño convida estes días a gozar da cultura na rúa con dúas propostas que combinan entretemento e participación: un espectáculo de maxia na Praza da Mina e unha sesión de cine baixo as estrelas na Praza do Seixo. Ambas actividades, de acceso libre e gratuito e, sobre todo, pensadas para todos os públicos.
O mércores 30 de xullo, ás 19:30 horas, a Praza da Mina será o escenarioº do espectáculo “Qué curioso!” de Mago Noel, unha proposta enmarcada na programación infantil #Pequeverán. Trátase dunha función chea de maxia participativa, humor, música e poesía, na que o artista mestura diferentes disciplinas circenses para crear un espazo de comunicación único co público..
A diversión continuará o venres 1 de agosto na Praza do Seixo, cunha nova entrega de Cine de Rúa, dentro da programación cultural de verán #Soneverán. A película elixida para esta ocasión é a exitosa cinta de animación “Kung Fu Panda”, pensada para todos os públicos. A historia do mítico panda guerreiro, que nesta ocasión tenta tomarse un descanso do seu papel como “Guerreiro do Dragón”, ofrece unha mestura de humor intelixente e unha mensaxe inspiradora sobre o autocoñecemento, a identidade e a superación. A proxección comezará ao anoitecer, arredor das 22:00 h.
Esta actividade do cine ao aire libre xorde das peticións do grupo participativo “Voces Novas”, que sempre participa activamente na elección das películas e tamén contribúe á configuración da axenda cultural do concello, aportando unha mirada nova e comprometida.

Publicacións Relacionadas