Este programa axuda a retardar o proceso de perda de memoria, fomenta a sociabilidade e ofrece un respiro necesario ás familias coidadoras. Durante esta xornada, os participantes gozaron dunha tarde chea de música grazas ao coro de voces baionesas, que encheu de alegría e bo ambiente a todos os asistentes.
Ademais, contaron coa visita do alcalde Jesús Vázquez Almuiña e a concelleira de política social, Ana Iglesias, quen compartiu este momento tan emotivo.
Desde o Concello de Baiona, queremos agradecer profundamente a Afaga Alzheimer e, en particular, ás súas traballadoras e traballadores, pola súa dedicación e labor diaria no coidado e apoio ás persoas afectadas.
Tamén agradecemos ao coro de voces baionesas por facer gozar coa súa música aos usuarios e as súas familias, creando momentos de alegría e comunidade. Seguimos comprometidos en apoiar iniciativas que melloran a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas.