HomeA CoruñaCariño e a Xunta de Galicia asinan un convenio para a rehabilitación...

Cariño e a Xunta de Galicia asinan un convenio para a rehabilitación do pavillón municipal cun investimento de 240.000 euros

- Anuncio -spot_img

• A alcaldesa, Ana María López, mantivo unha reunión co vicepresidente da Xunta, Diego Calvo, na que se selou o acordo.

• A actuación permitirá recuperar o edificio despois de preto de dous anos en desuso.

• O goberno local logra desta maneira concretar unha actuación considerada prioritaria e necesaria.

A alcaldesa de Cariño, Ana María López, e o vicepresidente da Xunta de Galicia, Diego Calvo, asinaron hoxe o convenio de colaboración entre o Concello e a Xunta de Galicia para levar a cabo as obras de acondicionamento do pavillón polideportivo municipal. O acordo contempla un investimento total próximo aos 240.000 euros, dos cales a Xunta achegará o 80% e o Concello o 20% restante.

O proxecto permitirá recuperar un espazo crave para a actividade deportiva, educativa e comunitaria da localidade, pechado desde hai case dous anos debido a importantes deficiencias estruturais herdadas de xestións anteriores. As obras comezarán nos próximos meses e incluirán a reparación da cuberta e da pista deportiva, afectadas por filtracións de auga, a substitución de portas e a adecuación das saídas de evacuación á normativa vixente.

Segundo explica a alcaldesa, Ana María López, “hoxe é un día importante para Cariño. Este pavillón foi sempre un punto de encontro para os nosos veciños e veciñas, un lugar onde convivían o deporte, a educación e a vida social. Recuperalo era unha prioridade e unha necesidade desde o primeiro día deste goberno, e grazas a este acordo coa Xunta, por fin será unha realidade”, sinalou a alcaldesa Ana María López tras a firma.

A rexedora tamén quixo poñer en valor a colaboración entre administracións: “Quero agradecer ao conselleiro Diego Calvo e á Xunta a súa disposición ao diálogo e o seu compromiso con Cariño desde o primeiro día. Este investimento non só mellora unha infraestrutura, senón que recupera un espazo esencial para o noso municipio.”

Con esta actuación, aténdese unha demanda histórica da veciñanza e avánzase na mellora das dotacións públicas do municipio, conseguindo un dos grandes obxectivos do executivo local liderado por Ana María López desde a súa chegada á Casa do Concello nas pasadas eleccións de 2023.

Publicacións Relacionadas