HomeO SalnésMeisAprobada a moción do BNG de Meis para manter a ambulancia medicalizada...

Aprobada a moción do BNG de Meis para manter a ambulancia medicalizada todo o ano no Hospital do Salnés

- Anuncio -spot_img

O Pleno do Concello de Meis aprobou a moción presentada polo BNG para manter a ambulancia medicalizada todo o ano no hospital do Salnés.

A moción foi aprobada cos votos a favor do BNG e do PSOE, o Partido Popular votou en contra.

O Partido Popular na Xunta volveu un ano máis a trasladar a ambulancia medicalizada con base no hospital do Salnés para Sanxenxo durante a época estival, na vez de reforzar este concello e Ogrobe con unha ambulancia distinta.

Ante isto, que pon en grave risco as necesidades vitais da poboación do Salnés, tardando entre 25 e 30 minutos para atender urxencias, en lugar de 5 minutos, a moción solicita rectificar a decisión de trasladar a ambulancia medicalizada, SVA, con base no Hospital do Salnés, para Sanxenxo, durante os meses de verán, procedendo e manter a mesma hospital do Salnés os 12 meses do ano.

Así mesmo solicita, reforzar con outra ambulancia medicalizada, SVA, na época estival, as zonas de alta afluencia de visitantes de Sanxenxo e O Grove

Dotar a ambulancia de Soporte Vital Avanzado (SVA) que só ten un técnico na actualidade, con dous.

Tamén rectificar a decisión de utilizar a ambulancia medicalizada do 061 con base no Hospital do Salnés para realizar traslados entre hospitais, salvo casos excepcionais, xa que deixa descuberta á poboación da comarca sen atención durante horas.

E realizar os traslados intercentros coa UVI móbil destinada a este fin con base no propio hospital do Salnés, que conta con material, persoal técnico así como facultativo e de enfermería do servizo de urxencias do propio hospital con gardas localizadas e remuneradas para tal fin.

Publicacións Relacionadas